pavillón para a Expo '98 From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pavilhão de Portugal (en galego, Pavillón de Portugal) da Exposición Internacional de 1998 (EXPO 98), foi o edificio construído para acoller a representación nacional portuguesa dese evento, situado no Parque das Nações de Lisboa. O proxecto é obra do recoñecido arquitecto portugués Álvaro Siza, gañador do Premio Pritzker.
Pavilhão de Portugal | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Parque das Nações, Lisboa, Portugal |
Coordenadas | 38°46′00″N 9°05′42″O |
Construción | |
Construción | 1995 - 1998 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Álvaro Siza e Eduardo Souto de Moura |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio ten entrada a través dunha ampla praza coberta por unha impoñente estrutura de formigón pretensado, inspirada na idea dunha folla de papel apoiada sobre dous ladrillos, abrindo o espazo para acoller diversos eventos nun lugar de escala acorde.
O programa de exposicións estivo definido para os eventos da Expo '98, e polo tanto ignorábase qué uso se lle daría ao edificio no futuro. Despois da exposición xurdiron diversas propostas, dende o reaproveitamento do edificio como Sede do Consello de ministros ata a creación dun museo de arquitectura. Dende entón, mantense un programa provisional de exposicións.
En marzo de 2015, anunciouse que o pavillón venderase para reducir parte da débeda do Parque Expo ao Estado. Espérase que sexa reconvertido en centro de congresos e que a obra este rematada en 2018.
Foi clasificado como Monumento de Interese Público (MIP) polo IGESPAR (Instituto Português do Património Arquitectónico) o 30 de marzo de 2010.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.