Paulo Londra

cantante arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia

Paulo Londra

Paulo Londra, nado en Córdoba o 12 de abril de 1998, é un cantante arxentino de trap.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Paulo Londra

Biografía
Nacemento(es) Paulo Ezequiel Londra
12 de abril de 1998 (27 anos)
Córdoba, Arxentina
Actividade
Ocupaciónrapeiro, cantante, cantautor
Período de actividade2022 -
Xénero artísticoLatin trap (pt) , Reggaeton e música urbana
InstrumentoVoz
Selo discográficoWarner Music Latina (pt)

Sitio webpaulolondra.us

iTunes: 1275513130 Last fm: Paulo+Londra Genius: Paulo-londra
Pechar

Traxectoria

O seu interese polo hip hop comezou por unha recomendación da súa irmá da película 8 Mile, protagonizada por Eminem. Sobre a película, Londra comentou que

«Quedé asombrado por cómo un blanco se hizo respetar en esa cultura, por ese minuto en el que tenía que demostrar todo. Tenía que afrontar una banda de situaciones. Yo quería ser como él, lo tengo ahí arriba a Eminem».[2]
«Fiquei abraiafo por como un branco se fixo respectar nesa cultura, por ese minuto no que tiña que demostrar todo. Tiña que afrontar unha banda de situacións. Eu quería ser coma el, téñoo aí enriba a Eminem»
Paulo Londra

Participaba en batallas de rap, e aos 15 anos concursaba en competicións de freestyle. Saltou á fama cando concursou na batalla do Quinto Chanzo, a cal gañou.[1]

Carreira musical

Iniciou a súa carreira musical en xaneiro de 2017 cando lanzou o seu primeiro sinxelo, «Relax», que logo duns meses estaba posicionado como un hit arxentino do ano.[1][3] Desde entón empezou a compor e continuou lanzando cancións.[4] A pesar de que os seus inicios son similares a outros expoñentes urbanos, Londra, a diferenza doutros artistas, evita tocar temas como violencia, insultos ou drogas nas súas cancións.[5]

Recibiu un contrato dunha discográfica multinacional, con todo, rexeitou a oferta.[6] En outubro de 2017, viaxou a Colombia para traballar co produtor Ovy on the drums e a discográfica Big Ligas.[7][8]

Participou en colaboracións xunto coa banda colombiana Piso 21 na canción «Te amo» e con Becky G en «Cuando te besé».[9][10] Tamén recibiu eloxios por parte de personalidades como J Balvin.[1]

É o terceiro artista arxentino en ingresar á lista de Billboard Social 50, logo de Lali Espósito e Martina Stoessel.[11]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.