escritora mozambicana From Wikipedia, the free encyclopedia
Paulina Chiziane, nada en Manjacaze (provincia de Gaza) o 4 de xuño de 1955, é unha escritora mozambicana[1] que foi Premio Camões en 2021.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1955 (69 anos) Manjacaze, Mozambique (pt) |
Educación | Universidade Eduardo Mondlane |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, Diccionario de literatura del África subsahariana (en) |
Paulina Chiziane creceu nos suburbios da cidade de Maputo, anteriormente chamada "Lourenço Marques". Naceu nunha familia protestante en que se falaban as linguas chope e ronga, e aprendeu a lingua portuguesa na escola dunha misión católica. Comezou estudos de Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane, mais non chegou a rematalos.
Participou activamente na política de Mozambique como militante da Frelimo (Frente de Libertação de Moçambique), durante a xuventude.[2] Porén, sentiuse desilusionada coa directiva do partido despois da independencia do país. En particular, ficou defraudada pola política filooccidental e as ambivalencias ideolóxicas internas do partido. Outros motivos foron os posicionamentos respecto ás políticas de mono e poligamia, a economía política, vencellada ao marxismo-leninismo, e a hipocrisía, ao seu entender, en relación coa liberdade económica da muller.
Tras apartarse da política, iniciou a súa actividade literaria en 1984, con contos publicados na prensa. A súa escrita foi xerando polémicas sobre asuntos como a práctica da poligamia no país. Co seu primeiro libro, Balada de amor ao vento (1990), converteuse na primeira muller en publicar unha novela no seu país.[3] A obra fala da poligamia no sur de Mozambique durante o período colonial. Debido á súa participación activa na Frelimo, a súa narrativa reflicte o malestar social dun país devastado pola guerra de liberación e os conflitos civís posteriores á independencia.
En 2003, a súa novela Niketche: uma história de poligamia gañou o Premio José Craveirinha.[4]
En 2016 anunciou que deixaba a escrita, esgotada polas loitas que afrontara ao longo da súa carreira.[5] Vive e traballa na provincia da Zambézia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.