escultor e deseñador de moedas británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Paul Day, nado en Horsham, West Sussex en 1967, é un escultor británico autor de altorrelevos, baixorrelevos, esculturas e trompe-l'œils en bronce, resina e terracota.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) West Sussex, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Páxina web | pauldaysculpture.com |
Tamén é salientable o seu traballo como deseñador dalgunhas moedas conmemorativas cuñadas pola Royal Mint, de Londres.
Paul Day iniciou a súa educación artística cun curso básico en Colchester (1987-1988) e logo no Darlington College of Arts, Devon (1988-1989),[3] e completou a súa formación na Cheltenham School of Art, onde se graduou en Belas Artes en 1991.[4][5]
Logo da súa etapa formativa comezou a traballar como creador, coa axuda dunha bolsa concedida polo Prince of Wales Business Trust, e participou en exposicións notables, como a da Galería de Arte Moderna do Museo Cheltenham.[3]
Posteriormente trasladouse a Francia, xunto coa súa esposa Catherine, desta nacionalidade,[3] e fixou a súa residencia en Dijon, Côte-d’Or.[6][7]
Como creador artístico, é recoñecido internacionalmente polas súas obras instaladas en lugares públicos de toda Europa. Logo da súa primeira exposición en París en 1995, a segunda vez que expuxo nesa cidade concentrou 8.000 visitantes, e a de Bruxelas de 2001 contou con 5.000. Ademais, recibiu encargas de varios países e realizou exposicións en Alemaña, Bélxica, o Reino Unido, o Canadá, os Estados Unidos e diversas localidades francesas.[3][5]
En decembro de 2017, Day recibiu críticas por aceptar a encarga dunha escultura en Moscova do finado líder uzbeko Islam Karimov, "amplamente considerado como un dos ditadores máis desapiadados da historia recente", ao que el respondeu: "Sigo a corrente".[8]
Day basea a súa obra na representación do mundo real e inspírase en figuras humanas para lles dar vida en medio de escenarios urbanos que parecen sacados dos cómics. Para as súas obras, Day deseña primeiros proxectos en terracota e estuda a luz para lle dar unha especificidade ao material. O seu xogo de volumes e perspectivas transgride as escalas reais, esmagando ou agrandando os personaxes das escenas e creando unha atmosfera teatral.[6]
Paralelamente ao seu labor como escultor, Paul Day encargouse tamén do deseño de dúas moedas conmemorativas emitidas pola Royal Mint, de Londres. En 2012 encomendóuselle un reverso en conmemoración do Xubileu de Diamante —os 60 anos de ascensión ao trono— da raíña Isabel II, que se cuñou en todas as moedas da serie do soberano de ouro, cun anverso deseñado por Ian Rank-Broadley.[9][10][11]
En 2018, Day ocupouse dun novo reverso, creado para conmemorar o centenario do armisticio que puxo fin á primeira guerra mundial. Este reverso cuñouse nunha serie de moedas conmemorativas de prata e de ouro con valores de 10, 500 e 1.000 libras esterlinas, emparellado cun anverso creado por Jody Clark.[12][13]
Ao longo da súa carreira artística Paul Day recibiu, entre outros, os seguintes recoñecementos:[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.