lei antiterrorista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola Cámara de Representantes como polo Senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001.
O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordinalas e dotalas de maiores poderes de vixilancia contra os delitos de terrorismo. Do mesmo modo a lei tamén promulgou novos delitos e endureceu as penas por delitos de terrorismo[1].
A Lei Patriótica foi duramente criticada por diversos organismos e organizacións de dereitos humanos, debido á enorme restrición de liberdades e garantías constitucionais que supuxo para a cidadanía, tanto estadounidense como estranxeira[2][3][4][5].
As estipulacións máis restritivas de dereitos desta lei foron inicialmente sancionadas como normas provisorias de emerxencia ata o 31 de decembro de 2005. Nos meses previos á data límite, os sectores defensores da Lei Patriótica comezaron a meter presión para que as limitacións dos dereitos e garantías constitucionais fosen permanentes. A mediados de 2005 as dúas cámaras do Congreso aprobaron proxectos de reforma radicalmente distintos: mentres que o Senado deixaba sen efecto a maior parte das limitacións, a Cámara de Representantes mantiña a lei orixinal case sen alteracións, dándolle carácter permanente. Ambos os proxectos foron finalmente compatibilizados nunha comisión bicameral, eliminándose a maior parte das normas de restablecemento dos dereitos que contemplaba o proxecto do Senado, sendo sancionada polo Congreso o 2 de marzo de 2006 e promulgada como lei polo presidente George Walker Bush o 9 de marzo. Senadores de ambos os partidos criticaron duramente a emenda, sostendo que afectaba ás liberdades constitucionais.[6].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.