Pastora Vega
presentadora de televisión española From Wikipedia, the free encyclopedia
Pastora Vega Aparicio, nada en Madrid o 28 de maio de 1960, é unha actriz española.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1960 (64 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de televisión, actriz |
Período de actividade | 1985 - |
Familia | |
Cónxuxe | Imanol Arias |
Parella | Imanol Arias (1984–2009) |
Fillos | Jon Arias () Imanol Arias |
Biografía
Bisneta da bailaora Pastora Imperio e do toureiro Rafael Vega dos Reyes "Gitanillo de Triana", é licenciada en Dereito.
Os seus comezos no mundo do espectáculo foron da man de Ignacio Salas e Guillermo Summers, colaborando na presentación do programa de televisión Y sin embargo, te quiero.
Debuta como actriz en 1985 na serie de televisión Los pazos de Ulloa, que dirixe Gonzalo Suárez e protagonizan Vitoria Abril e Charo López.
Posteriormente intervén en Amanece, que no es poco, Demasiado corazón -pola que é candidata ao Premio Goya- e Ilona llega con la lluvia, entre outras. A súa carreira televisiva resulta máis frutífera.
Vida persoal
Estivo unida sentimentalmente ao actor Imanol Arias, co que traballou nas películas El Lute II: mañana seré libre e Todos los hombres sois iguales, ademais de protagonizar Un asunto privado, a súa única incursión na dirección. Tamén tivo un papel esporádico na serie de TVE Cuéntame cómo pasó. Teñen dous fillos e conviviron ata 2009. Únese posteriormente ao tamén actor Juan Ribó.
Filmografía
Ano | Película | Director |
---|---|---|
2002 | El chevrolé | Leonardo Ricagni |
1998 | La sonámbula | Fernando Spiner |
1998 | Un crisantemo estalla en cinco esquinas | Daniel Burman |
1997 | Tangier Cop | Stephen Whittaker |
1996 | Ilona llega con la lluvia | Sergio Cabrera |
1996 | Un asunto privado | Imanol Arias |
1996 | Olé Olá | José María Aguayo |
1994 | Casas de fuego | Juan Bautista Stagnaro |
1994 | Todos los hombres sois iguales | Manuel Gómez Pereira |
1992 | Demasiado corazón | Eduardo Campoy |
1990 | La otra historia de Rosendo Juárez | Gerardo Vera |
1989 | Amanece, que no es poco | José Luis Cuerda |
1988 | El Lute II: mañana seré libre | Vicente Aranda |
1986 | El sueño de Tánger | Ricardo Franco |
1986 | Iniciativa privada | Antonio A. Farré |
Televisión
- Gran Reserva. El origen (2013-)
- Bandolera (2011)
- UCO (2009)
- Amar en tiempos revueltos (2006)
- Madrid no duerme: ¡De cine! (2004-2005)
- Cuéntame cómo pasó (2002)
- Dime que me quieres (2001)
- Nada es para siempre (1999-2000)
- Rosa, la lluita (1996)
- Hermanos de leche (1994)
- Brigada Central (1989-1990)
- Delirios de amor (1989)
- La tarde (1986)
- Los pazos de Ulloa (1985)
- Y sin embargo, te quiero (1983-1984)
Teatro
- Una relación pornográfica (2010)
- Así que pasen cinco años (1989)
Candidaturas
- Candidata ao Premio Goya en 1992 como Mellor interpretación feminina secundaria por Demasiado corazón.
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.