Partido político escocés From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Nacional Escocés (en scots: Scots National Pairty, en escocés: Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba, ou tamén coñecido como SNP) é un partido político escocés de carácter nacionalista e socialdemócrata. O Partido Nacional Escocés apoia e fai campaña a prol da independencia de Escocia dentro da Unión Europea,[9][15][16] cunha plataforma baseada no nacionalismo cívico.[17][18] O Partido Nacional Escocés é o terceiro meirande partido político do Reino Unido, logo do Partido Laborista e o Partido Conservador, e é o meirande partido político de Escocia, onde ten a maioría dos asentos do Parlamento escocés e 44 dos 59 escanos escoceses na Cámara dos Comúns de Westminster. A líder do Partido Nacional Escocés é Nicola Sturgeon, quen exerce como Primeiro ministro de Escocia dende o 20 de novembro de 2014.
Partido Nacional Escocés Scottish National Party (SNP) Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba | |
---|---|
Partido político de Escocia | |
Dirixentes e organización | |
Líder | John Swinney |
Mocidades | Young Scots for Independence |
Filiación internacional | Alianza Libre Europea |
Historia | |
Fundación | 7 de abril de 1934 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo escocés[1][2][3][4] Independentismo escocés[5] Socialdemocracia[6][7][8] Rexionalismo[9][10] Europeísmo[11] Centro-esquerda[12][13][14] |
Representación | |
Cámara dos Comúns (escanos escoceses) | 44 / 59 |
Parlamento escocés | 64 / 129 |
Gobernos locais | 399 / 1.227 |
Outros datos | |
Sede | Gordon Lamb House, 3 Jackson's Entry Edimburgo EH8 8PJ |
Na rede | |
www.snp.org | |
Fundouse en 1934 trala fusión do Partido Nacional de Escocia co Partido Escocés, tendo como primeiros presidentes nunha presidencia conxunta a James Graham, 6º duque de Montrose e a Cunninghame Graham. O primeiro secretario xeral do partido foi Alexander MacEwen. Douglas Young, que foi líder do Partido Nacional Escocés entre 1942 e 1945, fixo campaña en contra do recrutamento obrigatorio e as súas actividades foron vilipendiadas por menoscabar o esforzo de guerra británico contra as potencias do Eixe. Young foi encarcerado por negarse a ser recrutado.
O SNP gañou por primeira vez un escano parlamentario polo distrito de Motherwell en 1945, pero o deputado Robert McIntyre perdeu o asento nas eleccións xerais tres meses despois. Despois conseguiron un escano en 1967, cando Winnie Ewing foi o gañador por sorpresa no distrito de Hamilton, feudo laborista. Isto deu protagonismo nacional ao SNP, levando á creación da Comisión Kilbrandon.
O partido logrou unha gran subida de votos nas eleccións xerais de outubro de 1974, obtendo case un terzo dos votos en Escocia e metendo 11 deputados en Westminster. Con todo, o partido experimentou unha gran caída nas eleccións xerais de 1979, seguida dunha nova caída nas eleccións de 1983. O éxito das eleccións xerais de outubro de 1974 non se superou ata as eleccións xerais de 2015.
Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2007, o SNP foi o maior partido obtendo 47 escanos (superando ao Partido Laborista Escocés con 46 escanos) e Alex Salmond converteuse no primeiro ministro escocés. O Partido Verde Escocés apoiou a elección de Salmond como primeiro ministro e os seus posteriores nomeamentos de ministros, a cambio da presentación anticipada do proxecto de lei sobre o cambio climático e o nomeamento dun deputado verde para presidir unha comisión parlamentaria.[19]
En maio de 2011, o SNP gañou a maioría absoluta no Parlamento escocés con 69 escanos. Isto foi un logro significativo, xa que o sistema de membro adicional usado nas eleccións ao Parlamento escocés foi deseñado especificamente para evitar que un partido obtivese maioría absoluta.[20] Con este resultado o SNP promoveu a realización do referendo de independencia de Escocia de 2014. Tras unha dura campaña gañou o "non" á independencia cun resultado de 55-45% e o primeiro ministro Alex Salmond dimitiu.[21]
Con todo, a perda do referendo non afectou aos resultados electorais do partido. Nas eleccións xerais do Reino Unido de maio de 2015, o partido agora liderado pola sucesora de Salmond, Nicola Sturgeon, pasou de ocupar seis escanos na Cámara dos Comúns a 56, a maioría deles a costa do Partido Laborista. Todas excepto tres das cincuenta e nove circunscricións do país elixiron un candidato do SNP.
Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2016, o SNP perdeu 6 escanos, perdendo a súa maioría absoluta, pero conservando o goberno, por terceiro mandato consecutivo. Nas eleccións xerais do Reino Unido de 2017, o SNP tivo uns resultados inferiores aos esperados e perdeu 21 escanos, reducíndose o número de deputados en Westminster a 35. A situación de bloqueo ocasionada polo proceso do Brexit, levou a novas eleccións en decembro de 2019 e o SNP volveu lograr un dos seus mellores resultados, ao gañar 48 dos 59 escanos correspondentes a Escocia.[22]
Ano | Líder | Porcentaxe
distritos |
Porcentaxe
membro adicional |
Representantes | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1999 | Alex Salmond | 28.7% | 27.3% | 35 parlamentarios | - |
2003 | John Swinney | 23.7% | 20.9% | 27 parlamentarios | ▼ 8 |
2007 | Alex Salmond | 32.9% | 31.0% | 47 parlamentarios | ▲ 10 |
2011 | 45.4% | 44.0% | 69 parlamentarios | ▲ 22 | |
2016 | Nicola Sturgeon | 46.5% | 41.7% | 63 parlamentarios | ▼ 6 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.