Parque de Rosalía de Castro
parque en Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
parque en Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
O parque de Rosalía de Castro de Lugo está encadrado nun espazo verde entre a Avenida Doutor García Portela, a rúa Xornalistas Puro Cora, a rúa Pascual Veiga e o Paseo da Vila de Foz. O parque esténdese cara á zona baixa, limitando coa Ronda da República da Arxentina. Malia estar situado extramuros co casco vello, o parque ten un carácter céntrico.
Tipo | parque | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Rosalía de Castro | |||
Localización | ||||
División administrativa | Lugo, España | |||
| ||||
As primeiras construcións do parque datan dos anos 1909-1912, e a zona verde fora creada no ano 1925 co nome de Afonso XII. Abriuse xa a mediados do século XX a modo de Cidade Xardín, co deseño de Eloy Maquieira. Na actualidade mantén o aire de boa acomodación urbanística que xunto ás vistas panorámicas son algúns dos seus principais atractivos. na actualidade conta con algúns elementos singulares: o pendello, a pérgola e un mapa do Península Ibérica en relevo.
Conta cunha extensión de 23 hectáreas (230.000 m²), con zonas axardinadas e amplos paseos con moita árbore alta e vella. Dispón dun palco da música, recinto infantil e máis de corenta bancos. Os corredores principais crúzanse nun grande espazo central presidido por unha fonte enfeitada con roseiras, un dos máis comúns arranxos florais do parque. Sobre a estrutura xeométrica predomina a capa arbórea con especies de sombra e outras de gran porte entre as que cómpre salientar os abetos.
Posúe un bo número de monumentos, o da escritora Rosalía de Castro (do cal acabou tomando nome o parque), o Alcalde López Pérez e Xosé Castiñeira Pardo; así mesmo, as entradas ao parque son múltiples por calquera dos seus costados. Existe, por outra banda, un estanque de aves acuáticas e mais unhas grandes gaiolas paxareiras pechadas. Con todo, o máis rechamante é o pombal.
Orientado cara ao oeste sitúase un miradoiro con forma de balconada sobre o que se abre a escalinata centrada cunha pérgola na esquina esquerda. O escenario lixeiramente elevado sobre o val do río Miño permite unha boa panóramica da paisaxe lucense. O parque acada especial relevancia durante as celebración da festa de San Froilán, pois serve de espazo para atraccións, barracas e quioscos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.