Parda alpina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A parda alpina (Braunvieh) é unha raza de vaca doméstica autóctona dos Alpes suízos e presente en varias subrazas por toda a zona alpina. Así é denominada como Braunvieh en alemán (en galego traducido por "vaca moura") ou Bruna alpina vecchia ceppo, en italiano. Orixinariamente era unha raza de tripla aptitude, usada para a produción de leite, carne e traballo; as vacas pardas alpinas modernas dedícanse maioritariamente á produción láctea. É a raza da cal proveñen as actuais razas suízas Brown Brown e American Brown .

Historia
A pardo alpina derívase das vacas de cor marrón agrisada criadas dende a Idade Media no cantón de Schwyz (Suíza central). Documentos de finais do século XIV no mosteiro de Einsiedeln documentan a exportación deste gando a Vorarlberg, agora parte de Austria.[1] O primeiro libro xenealóxico coñecido por unha raza de gando é precisamente o da pardo alpina conservado na abadía de Einsiedeln de 1775 a 1782. Unha descrición de 1795 do gando de Schwyz defíneo como o máis grande e o mellor do país.[2][3]
A pardo alpina foi exhibida na Exposición Universal de Agricultura, Industria e Belas Artes de París (1855) e na Grande Exposición de Londres (1862).
As vacas de Schwyz e outras dúas razas de gando pardo alpino foron recoñecidas en 1875, e en 1879 uníronse nun só libro xenealóxico co nome de Schweizerische Braunvieh.[1] En 1897 fundouse a asociación de criadores Verbands Schweizerischer Braunviehzucht-Genossenschaften en Bünzen, no cantón de Aargau .
Entre 1967 e 1998 houbo unha reprodución cruzada substancial de Braunvieh con Brown Swiss co obxectivo de mellorar o rendemento do leite, as dimensións físicas e a conformación da ubre. En Alemaña, o que comezou como un programa de mellora converteuse nun programa de substitución e en 1994 a contribución xenética de Brown Swiss a Braunvieh alcanzou o 60%.
Historia en España
Dende o ano 1956 até a década de 1970 o Ministerio de Agricultura importou ininterrompidamente tódolos anos lotes de becerras de parda alpina, procedentes sobre todo de Suíza e Austria (aínda que tamén en menor medida de Alemaña, Francia e Italia) que foron vendidas a gandeiros da metade norte de España (Cordilleira cantábrica, Pireneos e submeseta norte).
Loxicamente adaptáronse moi ben por ser gando rústico e aproveitouse para un triplo propósito, converteuse na raza máis numerosa da metade norte e chegou a desprazar ou extinguir por absorción a maioría das variedades ou razas locais preexistentes. Hoxe e día en territorios como León ou Cataluña existen razas locais descendentes integramente de exemplares de parda alpina.
Actualidade
Hoxe día existen dous tipos de parda alpina: a parda alpina suíza, de vocación leiteira e a parda alpina orixinal, como raza mixta de carne e de leite. Os descendentes desta raza atópanse amplamente estendidos por toda a montaña leonesa, así como tamén en Palencia, Asturias e Cantabria.
En Suíza rexistráronse 216.000 femias e preto de 1.200 machos censados no libro xenealóxico. No transcurso da tempada 2002/03, rexistráronse 192.011 lactacións, cunha media de produción en 300 días de 6.454 Kg, cun contido en graxa de 3,99% e 3,31% de proteína. En Suíza aínda se crían ao redor de 4.000 alpinas orixinais, que tamén están inscritas en control leiteiro.
Esta raza resulta interesante para os gandeiros pola calidade do seus ubres e das súas patas. Ademais, está estendida a nivel mundial pola súa lonxevidade, capacidade de adaptación, fertilidade e aptitudes para pastar. Posúe unha importante produción de proteína de calidade e soporta condicións difíciles de manexo. Outra virtude da parda alpina é a súa facilidade na muxidura, calidade que é apreciada a nivel global.
Actualmente a variante que foi introducida en maior escala na década de 1960 na rexión de León é coñecida como "parda de montaña".[4]
Razas derivadas da pardo alpina
- Parda de montaña cantábrica (con núcleo na provincia de León).[5]
- Parda de montaña pirenaica (con núcleo na provincia de Huesca).[6]
- Parda dos Pireneos ou Bruna dels Pirineus (con núcleo na provincia de Lleida).[7]
- Parda suíza ou Brown Swiss (orixinaria do Canadá e os Estados Unidos).[8]
Morfoloxía
A parda alpina é unha vaca de capa uniforme parda ou gris-parda, co nariz negro e bocibranca. Os cornos son curtos e delgados, e claros coas puntas escuras. O fociño é de cor gris lousa rodeado dun halo branco. As orellas están forradas con longos pelos brancos que lembran aos animais de peluche. O touro é máis escuro na cruz. Mide 135 a 140 cm á cruz de 600 a 700 kg
Uso
Trátase dunha vaca de aptitude leiteira. Dependendo da zona a produción oscila entre 7.200 (rexións de montaña) e 12.000 litros ao ano.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.