From Wikipedia, the free encyclopedia
Palikir é unha cidade con preto de 4.600 habitantes, é a capital dos Estados Federados de Micronesia no océano Pacífico occidental des 1989.[1][2][3] Forma parte do moito máis grande municipio de Sokehs, que tiña unha poboación de 7.000, habitantes no 2009 nunha nación cunha poboación total de 106.487 habitantes. Sitúase no lado do noroeste da illa de Pohnpei (poboación 33.000 habitantes), unha alta illa volcánica rodeada por un arrecife coralino. Cerca ao nordés atópase o asentamento máis grande da illa, a cidade costera de Kolonia (Kolonia).[4]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Federados de Micronesia | ||||
Estado federado | Estado de Pohnpei | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.227 | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 80 m | ||||
Palikir está localizado no noroeste da illa de Ponape (antes denominada Pohnpei), que xunto con outras illas forman o Estado de Pohnpei, un dos catro que conforman a federación. Palikir constitúe o centro dun distrito rural, de 9.900 habitantes (2004), situado a seis millas ao oeste de Kolonia (a capital dese co-estado de Pohnpei).
Palikir é a nova capital dos Estados federados, substituíndo a Kolonia, sita na mesma illa e que segue a ser a poboación máis importante; porén a cidade maior da federación micronésica é Weno, que está no Estado de Chuuk).
Era o lugar dun campo de aviación (Palikir Airfield Number 2), construído pola mariña xaponesa, ás ordes do capitán Kitawaga. Unha vez rematado, non chegou a utilizarse, pois foi bombardeado pouco despois.
O lugar foi reutilizado para albergar as edificacións, do goberno e do congreso dos Estados federados, construídas nos anos da década de 1980. A cidade, esencialmente administrativa, acolle tamén os despachos da presidencia e dos dirixentes dos catro Estados federados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.