Pablo Dapena González, nado en Pontevedra o 19 de xaneiro de 1988, é un exdeportista galego que competía en tríatlon.[1]
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1988 (36 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Deporte | tríatlon |
Conta no seu palmarés cun Campionato Mundial de Tríatlon de Longa Distancia, ademais dun subcampionato na mesma competición e outro no Campionato Europeo de Tríatlon de Longa Distancia.
Traxectoria
Inicios
Nacido o 19 de xaneiro de 1988 na cidade de Pontevedra, Dapena comezou a súa andaina no mundo do deporte na disciplina de natación. Esta decisión tomárona seus pais cando con tres anos, os médicos lle diagnosticaron asma, e lle recomendaron a piscina como un medio para recuperarse. Con seis anos, Pablo inscribiuse no Club Natación Pontevedra, no que adestrou durante 13 anos e conseguiu un importante número de títulos en campionatos de Galicia, chegando a participar en campionatos de España.[2]
Con 18 anos decidiu iniciar a licenciatura de Ciencias da Actividade Física e o Deporte na Coruña. Ao pouco tempo, o Club Natación Pontevedra co que competía pecha por problemas económicos, o que fai que Pablo se inscribise no Club Natación A Coruña, onde conseguiu a as súas mellores marcas en campionatos rexionais a nivel de equipos.[2] Ao cumprir os 22 anos cursou un ano de estudos no estranxeiro, en Hungría, o que fixo que deixase a natación aparcada durante este tempo. Ao regresar a España animado por uns amigos decidiu probar sorte no deporte do tríatlon.[2]
2016
No 2016 foi operado de hernia inguinal, polo que tivo que parar durante un tempo a súa carreira deportiva.[3] Este foi un ano que lle fixo repensar o seu futuro no tríatlon e cambiar á media e á curta distancia. A pesar de comezar a tempada co repouso que require unha intervención cirúrxica e cunhas dores musculares tras empezar as sesións de adestramento de carreira a pé, Dapena obtivo o primeiro posto nos tríatlons de Media Distancia de Buelna e de Guadalaxara e engadiu unha terceira posición no Campionato de España de distancia Olímpica.[4]
2017
2017 foi un ano moi activo para el, dado que competiu en distancias olímpicas, medias e longas distancias, de velocidade e duatlóns, mentres exercía de adestrador. Completou a tempada cun segundo posto no Campionato de España de Dúatlon Contra o reloxo por Equipos, seguido novamente dunha segunda posición no Tríatlon de Orihuela (media distancia) e na Copa do Rei de Águilas (tríatlon de velocidade por equipos). Tamén obtivo unha medalla de prata no Campionato de España de Tríatlon (media distancia) de Pamplona, só por detrás de Gustavo Rodríguez.[5]
Continuando coa media distancia, finalizou oitavo o Challenge Salou, unha proba internacional. Máis tarde conseguiu un primeiro posto no Campionato de España de Tríatlon por Clubs (de maneira individual) e a prata co seu equipo. Días máis tarde gañou o Half de Vitoria e quedou en quinta posición no Campionato de España de Velocidade. En agosto de 2017, no Campionato do Mundo de Tríatlon de longa distancia de Penticton, no Canadá, foi descualificado. Regresou a España e quedou nun segundo posto no Tríatlon de Valencia e gañou o Campionato de España de Longa Distancia de Eivisa.[6]
2018
A tempada 2018 comezouna sendo segundo no Challenge Roma, sobre media distancia, por detrás só do británico Adam Bowden e por diante de Iñake Baldellou. Unha semana despois, no Challenge Gran Canaria logrou o triunfo por diante de Andi Böcherer e de Patrick Lange, campión do mundo de Ironman en 2017. Tamén logra o triunfo no Challenge Lisboa, e un segundo posto no Challenge Salou, só superado por Cameron Wurf.[7]
De volta á curta distancia, no Campionato de España de Dúatlon por Clubs e Substitucións Mixtas disputado en Boiro (A Coruña), o Fluvial de Lugo conseguiu unha oitava posición, mentres que Pablo, individualmente, obtivo o sexto posto.[8]
Tamén en 2018, na localidade danesa de Fyn, Pablo proclamouse Campión do Mundo de tríatlon de longa distancia, por diante de Ruedi Wild e Marko Albert.[9]
2019
O 4 de abril de 2019 conseguiu a medalla de prata no Campionato Mundial de tríatlon de longa distancia, celebrado na súa cidade, Pontevedra, só por detrás de Javier Gómez Noya, que se fixo co ouro.[10]
En 2023 anunciou a súa retirada, despois de competir por última vez no medio tríatlon de Ibiza.[11]
Palmarés internacional
Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2018 | Fionia | Ouro | Individual |
2019 | Pontevedra | Prata | Individual |
Campionato Europeo | |||
2018 | Madrid | Prata | Individual |
Equipos
Dende os seus inicios no deporte, Pablo competiu en varios equipos. O primeiro de todos eles foi o Club Natación Pontevedra, no que pasou 13 anos da súa vida. Tras a desaparición do mesmo, ingresa no Club Natación A Coruña, pero o seu ano sabático (no referido ao deporte) en Hungría, fixo que ao volver comezase a práctica do tríatlon. Actualmente forma parte do equipo Club de Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial. Neste último é compañeiro dun referente para o tríatlon galego, Javier Gómez Noya.[12]
Sen abandonar as filas do Cidade, en novembro de 2018 confirmábase a súa fichaxe polo equipo belga BMC-Vifit Sport Prol Triathlon Team, onde compartirá cores con xente do nivel de Bart Aernouts, Patrik Nilsson ou Will Clarke.[13]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.