From Wikipedia, the free encyclopedia
O receptor activado polo proliferador do peroxisoma delta ou beta (PPAR-δ ou PPAR-β), tamén chamado NR1C2 (receptor nuclear subfamilia 1, grupo C, membro 2) é unha proteína que funciona como receptor nuclear, que nos humanos está codificada polo xene PPARD do cromosoma 6.[1]
PPARD | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
Lista de códigos PDB
| ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 6 p21.31 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
Este xene codifica un membro da familia do receptor activado polo proliferador do peroxisoma (PPAR). Foi identificado primeiro en Xenopus en 1992, e déuselle o nome de PPAR-beta.[2][3] Cando se identificou pouco despois ese mesmo ano en humanos o PPAR-delta, resultou ser unha molécula equivalente á anterior, previamente descrita.[1] O símbolo aprobado polo HGNC e usado en OMIM, GeneCards e HomoloGene é PPARD, e usan no nome delta, mentres que o nome con beta póñeno como nome sinónimo.
O PPAR-δ é un receptor de hormonas nuclear que goberna unha variedade de procesos biolóxicos e pode estar implicado no desenvolvemento de varias enfermidades crónicas, como a diabetes, obesidade, aterosclerose e cancro.[4][5]
No músculo a expresión do PPAR-β/δ increméntase co exercicio, o que ten como resultado un aumento da capacidade oxidativa (de queimar graxas) e un incremento de fibras de tipo I.[6] Tanto o PPAR-β/δ coma os agonistas da AMPK son consideradas como proteínas miméticas do exercicio.[7] No tecido adiposo o PPAR-β/δ incrementa a oxidación e o desacoplamento da fosforilación oxidativa.[6]
O PPAR-δ pode funcionar como un integrador da represión da transcrición e da sinalización do receptor nuclear. Activa a transcrición de diversos xenes diana ao unirse a elementos de ADN específicos. Entre os xenes diana de PPAR-δ están PDK4, ANGPTL4, PLIN2 e CD36. A expresión deste xene está elevada en células de cancro colorrectal.[8] A expresión elevada pode ser reprimida pola adenomatose poliposa de colon (APC), unha proteína supresora de tumor implicado nunha vía de sinalización APC/beta-catenina. Os estudos de knockout en ratos suxiren que esta proteína exerce un papel na mielinización do corpo caloso, proliferación de células epidérmicas e metqabolismo da glicosa[9] e de lípidos.[10]
Esta proteína está implicada na diferenciación, acumulación de lípidos,[11] sensibilidade direccional, polarización e migración en queratinocitos.[12]
Os estudos no papel do PPARδ no cancro produciron resultados contraditorios e non hai un consenso científico sobre se promove ou impide a formación do cancro.[13][14]
Desenvolvéronse varios ligandos de alta afinidade para o PPARδ, incluíndo o GW501516 e o GW0742, que son importantes en investigación. Nun estudo que utiliza un deses ligandos, atopouse que o agonismo do PPAR-δ cambia a preferencia pola fonte de enerxía do corpo desde a glicosa aos lípidos.[15]
O PPAR-δ exprésase abundantemente en moitos tecidos, como o colon, intestino delgado, fígado e queratinocitos, así como no corazón, bazo, músculo esquelético, pulmóns, cerebro e timo.[16]
Os ratos knockout que carecen do dominio de unión ao ligando de PPARδ son viables. Porén, estes ratos son menores que os de tipo silvestre tanto os neonatos coma en período posnatal. Ademais, o almacenamento de graxas nas gónadas dos mutantes é menor. Os mutantes tamén mostran un incremento da hiperplasia epidérmica pola indución do TPA.[17]
O PPARδ é activada na célula por varios ácidos gaxos e derivados de ácidos graxos.[4] Exemplos de ácidos graxos naturais quetse unen co PPAR delta activado son o ácido araquidónico e certos membros da familia do ácido 15-hidroxiicosatetraenoico de metabolitos do ácido araqeidónico como o 15(S)-HETE, 15(R)-HETE e 15-HpETE.[18] Foron identificados varios ligandos sintéticos que se unen selectivamenrte ao PPARδ.
O PPAR delta presenta interaccións co HDAC3[20][21] e o NCOR2.[21]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.