Unha célula mononuclear do sangue periférico (PBMC, do inglés Peripheral Blood Mononuclear Cell) é unha célula do sangue que ten un núcleo arredondado (o que é o oposto dun núcleo lobulado).[1] Son exemplos destas células os linfocitos, os monocito e os macrófagos. Estas células sanguíneas son un compoñente fundamental do sistema inmunitario que loita contra as infeccións e adaptación aos intrusos. A poboación de linfocitos consta de células T (CD4+ e CD8+ ~75%), células B e células NK (~25% en conxunto).

Estas células poden ser extraídas do sangue completo utilizando o composto Ficoll, que é un polisacárido hidrofílico que separa capas de sangue, e un gradiente de centrifugación,[2] o cal separará o sangue nunha capa superior de plasma, debaixo unha capa de PBMCs e no fondo unha fracción de células polimorfonucleares (como neutrófilos e eosinófilos) e eritrocitos. As células polimorfonucleares poden ser despois illadas lisando os eritrocitos. Os basófilos encóntranse ás veces tanto na fracción máis densa coma na dos PBMC.[2]

Os PBMCs son amplamente utilizados en aplicacións clínicas e de investigación.

Usos en investigación

Moitos científicos que realizan investigacións nos eidos da inmunoloxía (incluíndo os trastornos autoinmunes), enfermidades infeciosas, cancros hematolóxicos, desenvolvemento de vacinas, inmunoloxía de transplantes, e cribado de alto rendemento usan con frecuencia os PBMCs. En moitos casos, os PBMCs obtéñense de bancos de sangue.

Os PBMCs críase que eran unha importante vía de vacinación. Os PBMCs de pacientes de cancro poden extraerse e cultivarse in vitro. Seguidamente, os PBMCs son expostos a antíxenos específicos de tumores, como pode ser un antíxeno de célula nai tumoral. Engádense xeralmente citocinas inflamatorias para contribuír na captación e recoñecemento de PBMCs.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.