Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O linfocito CD4+, tamén chamado linfocito Th (helper), linfocito T colaborador ou linfocito T axudante, é un linfocito derivado dun linfocito T no timo. Neste órgano unha parte dos timocitos en maduración deixan de expresar o complexo CD8 e só expresan CD4. É por este motivo polo que a estas células se lles denomina CD4 positivas. Unha vez rematada a súa maduración tímica este tipo celular posúe:
Encárgase de coordinar a resposta inmune. Ten funcións na inmunidade celular e humoral. A célula T colaboradora será activada no ganglio linfático por contacto cun antíxeno esóxeno. Efectuado este contacto pode ocorrer:
Os linfocitos Th efectores á súa vez diferéncianse en:
Colabora coa inmunidade celular, activando linfocitos T ou forzando a outras células presentadoras de antíxenos a activalos. Colabora tamén coa inmunidade innata ao liberar TNF (factor de necrose tumoral) e interferón gamma. Estas dúas substancias activan aos neutrófilos e particularmente o interferón gamma activa tamén aos macrófagos. O interferón ten a maiores efectos antivirais, bloqueando a entrada e/ou replicación dos virus nas células. Ten ademais actividade inhibitoria sobre os Th2.
Traballa na inmunidade humoral, xa que activa aos linfocitos B. Con eles interaccionan:
Ademais, atenúa a resposta inmune innata, ao diminuír a actividade de macrófagos, neutrófilos e células Th1.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.