O oxímetro de pulso ou pulsioxímetro[1] é un dispositivo médico que mide indirectamente a saturación de osíxeno no sangue de forma non invasiva e indolora. O dispositivo está unido a algunha rexión do corpo, xeralmente a punta do dedo índice, emite luz a través do corpo, que é detectada pola outra parte do dispositivo. A cantidade de luz que non foi absorbida polo sangue e os tecidos úsase para determinar a saturación de osíxeno do sangue. As vantaxes do dispositivo sobre os métodos que implican a recollida de sangue inclúen a facilidade de uso e a ausencia de dor mentres que as desvantaxes inclúen unha menor precisión. A precisión dos oxímetros de pulso adoita estar entre o 2% e o 4%. As medicións normais están entre o 95% e o 100%, por debaixo do 92% poden ser signos de hipoxia e por debaixo do 88% requiren atención clínica inmediata.[2] [3]

Thumb
Pulsioxímetro de dedo.

Notas

  1. "pulsioxímetro". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 26 de xullo de 2023.
  2. "Pulse Oximetry". Consultado o 2022-11-28.

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.