Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O oogonio[1] (en latín e noutras linguas, Oogonium; en plural, oogonia) é o órgano reprodutor feminino das talófitas, célula maioritaria do tecido ovárico que é fonte de oocitos[2]. Tamén é nomeado coma ovogonia ou oogonia[3]. Pódese referir a un óvulo de primeira orde no feto femia ou ao gametanxio de certos talófitos.
Os oogonios fórmanse en gran número pola mitose cedo no desenvolvemento dun feto a partir das células xerminativas. Nos humanos comezan a se desenvolver entre a cuarta e a oitava semana e están presentes no feto entre as semanas 5 e 30.
Unha vez que as células xerminativas chegaron ao interior do ovario desenvólvense coma oogonios. Os oogonios migran dende o saco de xema á beira xenital (o local dos ovarios futuros) situados na parede abdominal posterior.
Os oogonios desenvólvense por mitose. Así mesmo algúns deles tórnanse oocitos de primeira orde, os cales comezan a meiose que se detén na profase I. Cando entran na profase I da meiose vólvense oocitos de primeira orde; cómpre dicir que estes procesos complétanse antes do nacemento, en contraste coa espermatoxénese. Os oocitos de primeira orde están presentes dende a semana 10 até a menopausa aos ~53 anos nas mulleres.
En ficoloxía e micoloxía, oogonio refírese ao gametanxio feminino se a unió do masculino (mótil ou non mótil) e a feminina (gameto) ten lugar dentro desta estrutura.[4][5] Os oognios normalmente están arrodeando células ou sacos que conteñen unha ou máis oosferas. O anteridio masculino adoita producir moitas células con flaxelos agás nos Rhodophyta que non teñen flaxelos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.