profesora e política alemá From Wikipedia, the free encyclopedia
Ottilia Ulbricht Protze, foi unha profesora de alemán residente en Santiago de Compostela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Alemaña |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | profesora, política |
Familia | |
Parella | Víctor Muñoz Baijón |
Parella de Víctor Muñoz Baijón, chegaron a Galicia ao comezo da ditadura de Primo de Rivera. Instaláronse en Santiago de Compostela cunha academia de idiomas. Cando concluíu os estudos, Víctor Muñoz fíxose cargo da farmacia da rúa Casas Reais. De ambos os dous dicíase que “introduciran o fascismo en Galicia”. Na década de 1930 Víctor fundou a sección da Falanxe Española en Santiago de Compostela con outros camaradas como Fermín Zelada de Andrés Moreno. Partidarios de José Antonio Primo de Rivera, recibírono na súa farmacia das Casas Reais o 16 de marzo de 1935. Alí Primo de Rivera improvisou un mitin ante un centenar de camaradas.[1] Pilar Primo de Rivera visitou Santiago o 5 de febreiro de 1936 para apoiar os nomeamentos de María Laura Colmeiro Laforet como secretaria da Sección Femenina e de Ottilia Ulbricht como tesoureira. Días despois do triunfo da Fronte Popular, varios asaltantes intentaron prender lume á farmacia, e Ottilia púxoos en fuga pistola en man.[1] O 6 de novembro de 1936 Muñoz foi encarcerado e en Madrid. Ao rematar a guerra presentouse en Santiago de Compostela a muller de Víctor Muñoz, descubríndose que Ottilia só fora a súa amante.
Foi profesora de alemán na Universidade de Santiago de Compostela,[2] no Instituto Arcebispo Xelmírez e no seu propio domicilio. En 1958[3] era profesora de alemán no instituto de Santiago.
Foi condacorada coa Y vermella de Falange en 1940.[4] En 1965 foille concedido o Lazo de Dama da Orde Civil de Afonso X o Sabio.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.