From Wikipedia, the free encyclopedia
Otfried de Weissenburg, nado c. 790 e finado c. 870, foi un monxe medieval considerado o primeiro poeta de lingua xermánica[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 790 (Gregoriano) |
Morte | 875 (84/85 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, bibliotecario, tradutor, escritor, sacerdote católico |
Profesores | Rábano Mauro |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Small Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) |
Alumno da escola monástica da abadía beneditina de Wissembourg, o mozo Otfried completará a súa formación na abadía de Fulda (onde seguirá a ensinanza de Rábano Mauro) e na abadía de Saint-Gall (Suíza).
Convertido en monxe e logo en director da escola monástica de Wissembourg, Otfried compuxo non só poemas en latín senón tamén na lingua vernácula da época.
Así naceu, despois de polo menos vinte anos de traballo, o Libro dos Evanxeos en alto alemán antigo, a primeira obra literaria na que se había converter na lingua alemá. Este poema duns 16 000 versos que relatan a vida de Cristo segundo os catro Evanxeos, vai acompañado de iluminacións como a entrada de Cristo en Xerusalén o Domingo de Ramos e a escena da Crucifixión.
Algúns destes debuxos pódense admirar na Biblioteca Nacional de Austria (Hofbibliothek) en Viena, Austria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.