álbum de banda deseñada da serie de Bieito Fendeferro From Wikipedia, the free encyclopedia
Os taxis vermellos (Les Taxis rouges en lingua francesa) é a primeira historia de banda deseñada da serie do personaxe Bieito Fendeferro, creada por Peyo. Apareceu co título de Benoît Brisefer en 1960, entre os números 1183 e 1224 da revista Spirou, e foi publicada como álbum en 1962.
Os taxis vermellos | |
---|---|
Título orixinal | Les Taxis rouges |
Autor/a | Peyo |
Ilustrador/a | Will |
Orixe | Bélxica |
Lingua | francés |
Colección | Bieito Fendeferro |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | nº 1183 de Spirou Editorial Casals |
Data de pub. | 1960 1991 |
Páxinas | 64 |
Tradución | Miguel Vázquez Freire |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ao galego por Miguel Vázquez Freire, e publicado por Editorial Casals en outubro de 1991.
Bieito Fendeferro é un rapaz moi educado e estudoso que vive en Vila Ledicia. Na cidade aparece unha nova compañía de taxis, que amolan ao seu amigo o taxista Caetano. Investigando, Bieito descobre que a compañía é unha tapadeira do señor Polónez para roubar os bancos e mais as xoierías da vila.
Caetano e Bieito son secuestrados e levados a unha illa deserta, pero Bieito logra escapar nunha barca, e tras desembarcar en Portugal, volve correndo á súa vila para avisar á policía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.