Orquesta de Cámara Reina Sofía

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Orquesta de Cámara Reina Sofía ou OCRS (en galego Orquestra de Cámara Raíña Sofía) é unha orquestra de cámara profesional con sede na cidade de Madrid (España).

Datos rápidos País, Cidade ...
Remove ads

Historia

A primeira interpretación da orquestra tivo lugar no Teatro Real de Madrid en 1984 nun concerto presidido pola Raíña Sofía. Dende aquela, a orquestra ten interpretado todo o repertorio para corda e orquestra de cámara e actúa con frecuencia no Auditorio Nacional de Madrid e outras salas de prestixio.

Colaboracións e concertos

A orquestra ten colaborado con solistas do talle de Alicia de Larrocha, Pepe Romero, Montserrat Caballé, Philippe Entremont, Nicanor Zabaleta, Joaquín Achúcarro, Henryk Szeryng, Yehudi Menuhin ou Neville Marriner entre outros.

A Orquesta de Cámara Reina Sofía actuou con frecuencia nos máis prestixiosos escenarios de todo o mundo, como o Teatro alla Scala de Milán, Accademia Nazionale di Santa Cecilia de Roma e outros lugares en Zürich, Montevideo e Berna.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads