Un orfo (do grego ὀρφανός) é un neno cuxos pais están ausentes ou mortos, ou o abandonaron. Unha definición legal utilizada nos Estados Unidos de América é: alguén privado a través de "a morte ou a desaparición, por abandono ou deserción, ou a separación ou a perda, de ambos os pais". O seu uso común está referido a nenos (ou a animais novos) que perderon ambos os pais. Sobre esta base os medio-orfos son os que teñen un pai aínda vivo.

Thumb
Nenas no Asilo de Orfas de Buenos Aires, fins do século XIX.

A Real Academia Galega define o concepto de orfandade como:

Estado da persoa menor de idade que perdeu a seus pais ou a un deles.[1]

O abandono é o estado en que quedan os fillos pola morte dos seus pais ou dun dos dous, a pesar de vivir coa súa familia, considérase orfo aquel que está descoidado, abandonado e que non pode valerse por si mesmo para remediar o seu abandono ou falta de compaña e agarimo.

Nalgunhas especies animais, onde normalmente o pai abandona a nai e os mozos durante ou antes do nacemento, os mozos serán chamados orfos cando a nai faleza, independentemente da condición do pai.

Thumb
Orfa afgá en Cabul, Afganistán en xaneiro de 2002.

Poboación

Máis información Continente, Númerode orfos (x1000) ...
Continente Número
de orfos
(x1000)
 % de orfos
sobre todos
os nenos
África 34.294 11,9%
Asia 65.504 6,5%
América Latina e Caribe 8.166 7,4%
Total 107.964 7,6%
Pechar

Orfos na literatura

Thumb
Orfos, por Thomas Kennington.

Os personaxes orfos son moi comúns como protagonistas literarios, especialmente na literatura infantil e na literatura fantástica. A falta dos pais deixa aos personaxes vidas máis interesantes e a posibilidade de aventurar, liberándose das obrigacións familiares e do control, e prívanos dunha vida máis prosaica. Crea personaxes que son independentes e que se esforzan no desenvolvemento introspectivo e do afecto. Os orfos poden metaforicamente realizar unha procura para a autocomprensión a través de tratar de coñecer as súas raíces. Os pais tamén poden ser aliados e fontes de axuda para os nenos, e a eliminación dos pais fai que o carácter das dificultades se agrave. Os pais, ademais, poden ser irrelevantes para o tema que un escritor está a tratar de desenvolver, a orfandade e o carácter libera o escritor da necesidade de describir esa relación irrelevante; se unha relación pai-fillo é importante, a eliminación dos demais impide aos pais que compliquen a relación necesaria. Todas estas características fan dos orfos atractivos personaxes dos autores.

Os orfos son comúns nos contos de fadas, como algunhas variantes de Cincenta e máis recentemente a saga de Harry Potter, que se basea no sacrificio materno e a orfandade recompensada.

Moitos superheroes, incluíndo Superman, Batman, Robin, Spiderman, Wolverine, Iron Man, Tormenta e Daredevil, son orfos.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.