Olympia, Washington
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Olympia é a capital de Washington, un estado dos Estados Unidos de América. Foi incorporada o 28 de xaneiro de 1859. O censo do 2000 rexistrou unha poboación de 42.514 habitantes. O Condado de Thurston, que inclúe tamén as cidades de Lacey e Tumwater, ten unha poboación de 224.100 habitantes. Olympia é a sede do Condado de Thurston e o centro de actividade da rexión sur de Puget Sound para as compras, a cultura e o entretemento. Os visitantes de Olympia poden observar un xuízo da Corte Suprema no Templo de Xustiza, correr ao redor do lago Capitol ou visitar unha das moitas pequenas "boutiques", cafés e panaderías no centro. O mercado local é coñecido polo seu tamaño, calidade, diversidade de vendedores e popularidade.
Epónimo | Olympic Mountains (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Estado de Washington | ||||
Condado (pt) | Condado de Thurston (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 55.605 (2020) (1.069,78 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 23.031 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Olympia-Lacey-Tumwater metropolitan area (en) (Poboación:294.793) | ||||
Superficie | 51,977836 km² | ||||
Auga | 9,4516 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 29 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 28 de xaneiro de 1859 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Dontae Payne (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 98500–98599, 98599, 98501, 98500, 98504, 98506, 98508, 98510, 98513, 98516, 98519, 98522, 98526, 98528, 98531, 98533, 98538, 98540, 98541, 98542, 98544, 98545, 98547, 98548, 98549, 98551, 98554, 98556, 98558, 98559, 98561, 98563, 98566, 98568, 98571, 98574, 98576, 98582, 98584, 98587, 98588, 98590, 98591, 98592, 98594, 98595 e 98598 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 360 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | olympiawa.gov |
O xentilicio para os habitantes de Olympia é "Olympians", termo que serve tamén como nome do xornal desta cidade, The Olympian.
É unha cidade rodeada de beleza natural e coñecida pola súa cultura alternativa. É o fogar da universidade Evergreen State (o Estado Verde), universidade "alternativa" famosa por carecer de cualificacións (non son requiridas para graduarse).
A localización de Olympia foi fogar de falantes de lushootseed durante milleiros de anos, entre os que se inclúen as tribos Squaxin, Nisqually, Puyallup, Chehalis, Suquamish e Duwamish. Os primeiros visitantes europeos rexistrados chegaron en 1792, cando Peter Puget e membros da expedición británica realizaron un mapa da zona.
En 1846, Edmund Sylvester e Levi Smith reclamaron conxuntamente a terra que agora conforma o centro de Olympia. No ano 1851 o Congreso dos Estados Unidos estableceu o Distrito de Alafándegas de Puget Sound para o Territorio de Washington Territory e Olympia converteuse no fogar da alfándega. A súa poboación ampliouse constantemente coa chegada de inmigrantes pola expansión da Senda de Oregón, e en 1853 o pobo recibiu o nome de Olympia, como suxestión do residente local Isaac N. Ebey, debido á vista das montañas Olympic cara ao noroeste. A área comezou a ser atendida por unha frota de barcos de vapor coñecida como a Puget Sound Mosquito Fleet.
En 1896 Olympia converteuse na sede da Olympia Brewing Company, que elaborou a cervexa Olympia Beer ata o 2003.
Un terremoto en 1949 danou moitos edificios históricos que non puideron repararse e foron demolidos. Partes da cidade tamén sufriron danos durante os sismos de 1965 e o terremoto de Nisqually producido no 2001.
En 1967, a lexislatura do estado aprobou a creación da The Evergreen State College en Olympia. Debido á presenza da universidade, a cidade converteuse nun centro de actividade para artistas e músicos, e recentemente foi declarada un dos mellores campus da nación pola súa actividade.
Segundo o censo do ano 2000 había 42.514 habitantes, 18.670 fogares e 9.968 familias residindo na cidade[1]. A dendidade de poboación era de 982,3 habitantes por quilómetro cadrado. A distribución por razas era dun 85,3% de persoas de raza branca, 1,9% afroamericanos, 1,3% nativos americanos, 5,8% asiáticos, 0,3% insulares do Pacífico, 1,7% doutras razas, e 3,8% de dúas ou máis razas. Os hispanos eran o 4,4% dos habitantes. O 15% eran de orixe alemá, o 11,3% irlandesa, 10% inglesa, 6% norueguesa e o 5,3% americana segundo o citado censo. O 91,6% falaban inglés, o 2,9% castelán e o 1,7% vitnamita como primeira lingua.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.