From Wikipedia, the free encyclopedia
O olécrano é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente ao cúbito. Está situado na parte máis superior e posterior do cúbito, e ten forma piramidal de base cuadrangular. Ten unha base soldada ao resto do óso e un vértice que se artella co úmero. Durante a extensión máxima do cóbado, o olécrano queda acollido pola fosa olecraniana do úmero. Nos nenos e adolescentes o olécrano non está unido por óso ao resto do cúbito, senón que é un cartigo non osificado.
O olécrano ten unha superficie anterior, que se artella co úmero, na articulación úmero-cubital. A superficie posterior pode palparse baixo a pel. Forma o relieve dorsal do cóbado e adoita ter unha bolsa deslizante. Nela insírese o tríceps braquial e o ligamento posterior do cóbado.
O bordo medial serve para a inserción do músculo flexor ulnar do carpo e o ligamento lateral interno do cóbado. No bordo lateral insírense o músculo ancóneo e o ligamento posterior do cóbado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.