Oakland Arena
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Oakland Arena é un pavillón multiúsos situado na cidade californiana de Oakland (Estados Unidos). Dende a súa apertura en 1966 ata 1996 era coñecido coma Oakland–Alameda County Coliseum Arena. Tras unha importante renovación en 1997, o pavillón pasouse a chamar The Arena in Oakland ata 1995, e Oracle Arena de 1996 a 2019. Construído en 1966 como parte dun complexo deportivo, que tamén abrangue o estadio "O.co Coliseum" que utilizan os Oakland Athletics (MLB) e os Oakland Raiders (NFL), é o pavillón onde xogaron os partidos como locais os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA) de 1971 ata 2019, antes do seu traslado ó Chase Center.
Datos | |
---|---|
Coordenadas | 37°45′01″N 122°12′11″O |
Localización | Oakland (California) |
Nomes antigos | Oakland-Alameda County Coliseum Arena (1966–96) The Arena in Oakland (1997–05) Oakland Arena (2005–06) Oracle Arena (2006–19) |
Construción | |
Construción | 15 de abril de 1964 |
Inauguración | 9 de novembro de 1966 |
Renovación | 1996–1997 |
Arquitecto | SOM |
Custo | $25 millóns $121 millóns (renovación) |
Estadio | |
Capacidade | 19.596 |
Propietario | Cidade de Oakland Condado de Alameda |
Operadora | Anschutz Entertainment Group |
Web | http://www.coliseum.com |
Eventos | |
NBA All Star Weekend (2000) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Antes da remodelación levada a cabo durante a temporada 1996-97, o pavillón tiña capacidade para 15.025 espectadores. Isto facía que estivese lixeiramente por detrás doutros grandes pavillóns californianos: o Great Western Forum en Inglewood, que acollía naquela altura os partidos como local de Los Angeles Lakers, e onde entran 17.505 espectadores; o ARCO Arena en Sacramento, pista dos Kings con capacidade para 17.317; e o Los Angeles Memorial Sports Arena, fogar daquela de Los Angeles Clippers con capacidade para 16.161.
Cando o pavillón reabriu durante a temporada 1997-98 a súa capidade era xa de 19.596, o que o facía o pavillón máis grande dos catro recintos califonianos onde se xogan prtidos da NBA. Actualmente segue a ser o máis grande, estando por detrás o Staples Center (actual pavillón tanto dos Lakers como dos Clippers) e o Sleep Train Arena de Sacramento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.