Remove ads
equipo profesional estadounidense de fútbol americano From Wikipedia, the free encyclopedia
Las Vegas Raiders son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na cidade de Las Vegas (Nevada). O equipo foi fundado o 30 de xaneiro de 1960 como membro da American Football League (AFL), xogando os seus primeiros partidos no Kezar Stadium de San Francisco. Actualmente Forman parte da National Football League (NFL) como membro da American Football Conference (NFC) na súa División Oeste. O seu estadio como local é o Allegiant Stadium. O equipo ten a súa orixe en Oakland, California. O 27 de marzo de 2017 os propietarios dos equipos da NFL votaron con 31 votos a favor e 1 en contra permitir o traslado do equipo desde Oakland ás Vegas.
Las Vegas Raiders | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1960 Sede en Las Vegas, Nevada | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
American Football League (1960−1969)
National Football League (1970–presente)
| |||
Uniforme actual | |||
Cores | Prata, negro | ||
Canción | The Autumn Wind | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Mark Davis | ||
Presidente | Marc Badain | ||
Director xeral | Mike Mayock | ||
Adestrador | Jon Gruden | ||
Historia | |||
| |||
Alcume(s) | |||
Raider Nation The Silver and Black | |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (3)
| |||
Conferencia (4)
| |||
División (15)
| |||
Estadios | |||
En San Francisco
En Oakland
Nos Ánxeles
Nas Vegas
|
Os Raiders empezaron a xogar en 1960 como o oitavo membro da antiga American Football League (AFL), onde gañaron un campionato e tres títulos da división. O equipo uniuse á NFL en 1970 como parte da fusión da AFL e a NFL. Desde que se uniu a NFL, os Raiders gañaron doce títulos da división e tres Super Bowls, e participaron noutros dous Super Bowls. O equipo ten trece membros consagrados no Salón da Fama .
Durante o seu primeiras tres tempadas, os Raiders tiveron problemas dentro e fóra do campo. En 1963, Al Davis foi traído ao equipo como adestrador en xefe e xerente xeral. Davis volveu gañadores inmediatamente aos Raiders, e de 1963 até 2002 o equipo tivo só sete tempadas perdedoras. El iniciou tamén o uso de slogans do equipo tales como "Pride and Poise", "Commitment to Excellence", e "Just Win, Baby" todos os cales son marcas rexistradas. Excepto unha etapa breve como Comisionado do AFL en 1966, Davis estivo continuamente co equipo.
Despois duns poucos anos de batallas legais, Davis trasladou o equipo de Oakland aos Ánxeles, en 1982. Mentres permaneceron nos Ánxeles, os Raiders gañaron a súa terceira Super Bowl, mais fixeron soamente dúas aparicións na fase final no resto dos anos oitenta. En 1995, Davis trasladou ao equipo de volta a Oakland. En 2000, o adestrador en xefe Jon Gruden dirixiu aos Raiders ao seu primeiro título da división dende 1990. Co adestrador en xefe Bill Callahan, Oakland encarou aos Tampa Bay Buccaneers por Gruden na Super Bowl XXXVII, onde perderon cun avultado 48-21. Dende a derrota, os Raiders encaderaron cinco malas tempadas consecutivas. En xaneiro de 2007, o equipo contratou a Lane Kiffin de 31 anos de idade, o seu cuarto adestrador en xefe dende a saída de Gruden en 2002.
Cando o equipo foi fundado en 1960, o xornal Oakland Tribune organizou un concurso para bautizar ao equipo, sendo o gañador Oakland Señors.[1] Tras nove días sendo obxecto de burlas a nivel local (e acusacións de que o concurso estaba amañado), o equipo decide non manter o nome e mudalo ao actual Oakland Raiders, proposición que acabara en terceiro lugar.[2] Os primeiros uniformes do equipo eran negros e dourado, mentres que os cascos eran negros cunha faixa branca e sen ningún logo. Este deseño permaneceu entre 1960 e 1962. En 1963, cando Al Davis se converteu en adestrador e director xeral da franquía, decide mudar as cores a negro e branco, engadindo un logo no casco. Este logo consiste na palabra "RAIDERS", a cal se sitúa por riba de dous alfanxes cunha cabeza dun saqueador ou pirata levando un casco de fútbol sobreimpresionada. Este emblema, aínda en uso, foi creado baseándose na aparencia do actor Randolph Scott.[3]
Quarterbacks
Running backs
Wide receivers
Tight ends
|
Liña ofensiva
Liña defensiva
|
Linebackers
Defensive backs
Equipos especiais
|
Reservas
Equipo de adestramento
Rookies en cursiva | ||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.