From Wikipedia, the free encyclopedia
L'Homme Machine (O Home Máquina) é unha obra filósofica de Julien Offray de La Mettrie que apareceu anónimamente en Leiden en 1748. É o exemplo máis radical do século XVIII en canto a produción de materia de explicación mecanicista e materialista do home. O libro foi moi mal acollido na súa época e desencadeou tempestades entre os medios eclesiásticos, o que produciu que os ecos da obra non traspasaran o límite do seu tempo e que o autor fora perseguido por Holanda.
L'Homme Machine | |
---|---|
Título orixinal | L'Homme Machine |
Autor/a | Julien Offray de La Mettrie |
Lingua | lingua francesa |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para La Mettrie a materia está dotada dunha tendencia esencial cara ao movemento. O autor apóiase nas experiencias dos biólogos contemporáneos como por exemplo: Trembley, Réamur e Haller. O proxecto desta obra de inspiración cartesiana é diferente do que Descartes estableceu; unha ruptura entre o animal (máquina) e o home (unión substancial da alma e o corpo).
O autor extrae de aquí consecuencias sobre a posibilidade de educar aos primeiros primates, para establecer semellanza cos homes. A moral da obra está de acordo co materialismo mecánico. Non existe ningún valor moral absoluto e transcendente, polo tanto a ética non pode estar fundada máis que na natureza e na sociedade. A sociedade recompensa e castiga en función do interese que se encontra no comportamento, por iso, non se poñen obxecións na xerarquía de valores nin no sistema de sancións.
A moral social oponse á moral fundada na natureza e nos ditados da razón. A moral do pracer busca felicidade, que ven a ser para La Mettrie, gozar de sensacións agradables.
A obra desenvolve unha tese de identidade entre as funcións psíquicas e os estados corporais. Radicalizou a posición de Descartes que consideraba o corpo vivo dos animais como máquinas e estendeuno ata o ser humano.
En continuidade coa historia natural da alma, La Mettrie reafirma a súa teoría materialista. A diferenza entre o home e o animal é gradual e non esencial; se o home se dotou de linguaxe, non debe verse máis ca un simple accidente da materia. Alí onde outros falaban de esencia e finalidade, La Mettrie non admitía que era un accidente na materia senón que era unha virtude do monismo materialista que se dá no home na unidade do físico e do moral.
O único principio que gobernaba o ser humano é a sensación que supón facer algo en concreto. Tamén recoñece que a alma, a razón e a vontade non constitúen os valores principais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.