O Xobre, A Pobra do Caramiñal
parroquia civil do concello da Pobra do Caramiñal From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María do Xobre[2] ou Santa María do Maño[3][4] é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.461 habitantes (692 homes e 769 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.514 habitantes.
O Xobre ou O Maño | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial e IES da Pobra do Caramiñal. | |
Concello | A Pobra do Caramiñal[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°35′42″N 8°55′58″O |
Poboación | 1.461 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
- Torre de Xunqueiras, no lugar das Xunqueiras, pazo renacentista cunha torre medieval do século XIII.
O Xobre na literatura popular
- Campiniño, Campiniño,/ ben te podes alabar,/ tes tres tabernas ó lado/ e bailes na sociedá [5].
- No Castelo hai boas mozas,/ no Caramiñal pardelas,/ no Maño son pequeniñas,/ no Campiño a frol delas [6]
- Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [7].
- Viva O Maño, viva O Maño,/ que é terra de moito pan,/ o forno da miña sogra/ bota uvas polo vran [8].
Lugares e parroquias
Lugares do Xobre ou O Maño
Lugares da parroquia do Xobre no concello coruñés da Pobra do Caramiñal | |
---|---|
O Arcebispo | Os Areos | Bandaseca | Cabío | Caíños | O Campiño | A Casanova | O Castro | Cercias | A Costa | A Devesa | A Garita | A Laxe | A Lombiña | A Mirandela | O Outeiro | As Pedriñas | A Ponte | A Silva | Vilariño de Abaixo | Vilariño de Arriba | O Xobre | As Xunqueiras |
Parroquias da Pobra do Caramiñal
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.