Atol Nukutepipi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nukutepipi é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa, o máis meridional do grupo das Illas do Duque de Gloucester. Esta deshabitado e depende de Hereheretue, comuna asociada á comuna de Hao. Está situado a 30 km ao sueste de Anuanurunga e a 700 km ao sueste de Tahití.
(fr) Nukutepipi | |||||
Tipo | Atol | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Tuamotu | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas do Duque de Gloucester | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Atol Hereheretue, Francia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Superficie | 1,3 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1606 | ||||
Xeografía
É un atol pequeno situado nunha zona remota e historicamente deshabitado. Ten unha superficie total de 5´6 km² incluídos os illotes emerxidos, os arrecifes e a lagoa de 2´2 km². O atol ten forma de media lúa, de 3,5 km de longo e 2 km de ancho. Consta de dous illotes, un de 2.745 m ao norte, e o outro de 673 m ao noroeste, separados por unha canle de 150 m de ancho e 1 m de profundidade. A coroa do sur son arrecifes mergullados por onde a auga do océano entra na lagoa cando hai temporal do sur ou do leste. A lagoa consiste nunha ampla plataforma de ata 2 m de profundidade que ocupa a metade da superficie e rodea unha parte máis profunda de ata 17 m. O fondo é de area.
Historia
Foi descuberto polo inglés Philip Carteret, o 12 de xullo de 1767, que o chamou Gloucester Island, nome que se mantivo para todo o grupo. En 1803, John Turnbull do Margaret chamouno Margaret's Island. En 1841 foi explorado por Ringgold da expedición norteamericana de Charles Wilkes, e anotou o nome polinesio.
No ano 1910 o atol concedeuse á Société Commerciale da Océanie para replantar cocos. Tras a quebra da sociedade pasou por diferentes mans privadas.
En 1982, o comerciante de perlas Jean-Pierre Fourcade construíu un aeródromo. Ao ano seguinte houbo dous furacáns seguidos, en febreiro e abril, que destruíron a vexetación e todas as instalacións. En 1985 plantouse de novo parcialmente con cocos. Desde 1991 é propiedade dunha compañía xaponesa.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.