Nopalina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A nopalina é un composto químico derivado dos aminoácidos ácido glutámico e arxinina, que se clasifica como unha opina. A bacteria Agrobacterium presenta uns plásmidos que lle permiten orixinar tumores nas plantas chamados plásmidos Ti. Estes plásmidos clasifícanse atendendo aos diferentes tipos de opinas que producen. Poden ser plásmidos de nopalina, de octopina e de agropina. As opinas utilízanse como fontes de carbono e enerxía no metabolismo de Agrobacterium.[2][3][4]
Nopalina | |
---|---|
![]() | |
Ácido N-{1-Carboxi-4-[(diaminometileno)amino]butil}glutámico[1] | |
Outros nomes N2-(D-1,3-dicarboxipropil)-L-arxinina | |
Identificadores | |
PubChem | 426, 21118330 (2R)-2-Amino, 57105058 (2S)-2-Amino, 439546 2-{[(1R)-1-Carboxibutil]amino}, 440320 2-{[(1S)-1-Carboxibutil]amino} |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C11H20N4O6 |
Masa molar | 304,30 g mol−1 |
Compostos relacionados | |
ácidos alcanoicos relacionados | Octopina |
Compostos relacionados | Bis-tris propano, Panteteína, espermina |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.