Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo neodarwinismo foi acuñado por George Romanes a finais do século XIX para referíase á escola panseleccionista de Wallace e Weismann: fronte a Darwin, que admitira unha pluralidade de mecanismos evolutivos, os neodarwinistas defendían a exclusividade da selección natural como mecanismo do cambio orgánico. Enfrontábanse así cos neolamarquistas, que avogaban pola lei lamarquista do uso e o desuso. Na actualidade o termo neodarwinismo asóciase á síntese evolutiva moderna dos anos 1930.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
A teoría da evolución de Darwin pode ser vista como un caso especial da teoría da conservación do estable. Esta tautoloxía establece que o que existe (polo menos o tempo suficiente para merecer un nome) tenderá a seguir existindo. Isto non é máis que unha versión das leis de Newton (parafraseando, todo corpo nun estado continuará en dito estado ata que unha forza o faga cambiar de estado).
Porén, pódese considerar que un organismo poderá continuar existindo namentres exista outro organismo que sexa a súa réplica exacta.
Sen mencionar as teorías que existen sobor do paso da materia inanimada á vida orgánica, chega con que se cumpran unha serie de condicións:
e xurdirá a evolución. Isto débese a que a herdanza ou replicación depende de tres factores: a lonxevidade, a fidelidade da copia e a fecundidade. En concreto, os erros nas copias iranse acumulando sucesivamente. En termos xerais, os individuos e as especies non pretenden evolucionar: a evolución é o efecto colateral da falla de completa fiabilidade no proceso de copia e a diferente capacidade de adaptación provocada por eses erros de copia.
A teoría canónica do Neodarwinismo establece que as mellores ou peores adaptacións xenéticas dos individuos determinarán o resultado da evolución, non só dos individuos en particular senón das especies en xeral.
Despois do desenvolvemento da síntese evolutiva moderna, entre 1936 e 1947, denominada agora xeralmente visión ou teoría sintética da evolución ou síntese moderna, o termo neodarwinismo utilízase a miúdo para referirse á teoría evolutiva contemporánea.[1][2] Porén, algúns consideran ese uso como incorrecto;[3][4][5] e Ernst Mayr escribiu en 1984 que "o termo neodarwinismo para a teoría sintética é incorrecto, porque o termo neodarwinismo foi acuñado por Romanes en 1895 para designar á teoría de Weismann."[6]
Con todo, malia todas estas obxeccións, o termo aparece en publicacións prestixiosas, como a Encyclopædia Britannica, usado para referirse á teoría evolutiva actual.[7] Richard Dawkins e Stephen Jay Gould usan o termo nos seus escritos e conferencias.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.