From Wikipedia, the free encyclopedia
Nemanja Nenadić (en serbio: Немања Ненадић), nado o 2 de xaneiro de 1994 en Vršac, é un xogador serbio de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella) de Belgrado, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,98 m, xoga na posición de ala.[2]
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1994 (30 anos) Belgrado, Serbia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 88 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Nado en Belgrado, Nenadić medrou no barrio de Barajevo, onde comezou a xogar ao baloncesto.[3] Máis tarde pasou formar parte das categorías inferiores do Cerak e do Slodes, onde debutou na terceira división serbia. En 2014 mudou a Tamiš, onde debutou na máxima categoría do país. Con todo, debido á falta de oportunidades, a metade de temporada foi transferido ao Mladost Zemun, naquela altura equipo da segunda división.[3]
Na temporada 2015−16 comeza a temporada no KK Pirot da segunda división, onde fai unha media de 15,9 puntos e 4 rebotes por partido. Debido ao seu gran rendemento, en xaneiro de 2016 asina polo Vojvodina Srbijagas da primeira división. Na temporada 2016−17 ficha polo OKK Dunav, equipo co que consegue gañar a primeira Copa de Serbia da historia do club. Ese ano fixo unha media de 12,7 puntos e 6,2 rebotes por partido en liga, co seu equipo finalizando en quinto lugar.
O 5 de agosto de 2017 acordou unha contrato por tres anos co KK FMP. Co equipo belgradino chegou á final da Superliga de Serbia, onde anotou unha media de 16 puntos por partido, sendo así o segundo máximo anotador da máxima categoría do baloncesto serbio. O seu gran rendemento produciu que, o 14 de setembro de 2018, asinase un contrato de tres anos co KK Crvena zvezda (Estrela Vermella) da Euroliga. Co equipo albivermello gañou a Liga do Adriático (ABA Liga), a Supercopa da Liga do Adriático e a Superliga de Serbia. Na temporada 2019−20 comezou co Crvena zvezda, mais a súa falta de minutos levouno a ser cedido o 19 de decembro de 2019 ao Mega Mozzart. O 21 de xullo de 2020, regresou ao FMP, onde promediou na Liga do Adriático case 17 puntos e 5 rebotes por encontro. Após acabar a temporada, asinou polo Zastal Zielona Góra polaco, onde volve a destacar tanto na VTB, 16,6 puntos, 3,8 rebotes e 4,3 asistencias por encontro, como na PLK, 14,8 puntos, 5,0 rebotes e 5,0 asistencias por encontro no equipo subcampión. O 23 de xuñode 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB. A nivel internacional cómpre destacar a súa participación coa selección serbia na Universiada de 2017.
Ao longo da súa carreira, Nenadić ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.