Nel blu dipinto di blu
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
«Nel blu dipinto di blu» (en galego: «No [ceo] azul pintado de azul»), coñecida popularmente como «Volare», é unha canción composta por Domenico Modugno e interpretada en italiano por el mesmo.[1] Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Fonit.[2] Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1958.[3][4]
Remove ads
Festival de Eurovisión 1958

Selección
«Nel blu dipinto di blu» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1958 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1958.[3]
No festival
A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada polo cantante italiano Domenico Modugno.[4] A orquestra foi dirixida por Alberto Semprini.[5]
Foi interpretada en primeiro lugar, precedendo aos Países Baixos con Corry Brokken interpretando «Heel de wereld». Ao final das votacións, a canción recibiu 13 puntos, obtendo o terceiro posto de 10.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads