Antonio Neira de Mosquera

escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Antonio Neira de Mosquera

Antonio José Neira de Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1823 e finado na Coruña o 9 de xullo de 1854, foi un xornalista e escritor galego, o principal instigador cultural do primeiro grupo provincialista. Foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego,[1] inda que non escribiu en lingua galega.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Antonio Neira de Mosquera
Thumb
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1823
Santiago de Compostela, España
Morte9 de xullo de 1854 (31 anos)
A Coruña, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista
MovementoRomanticismo
Familia
CónxuxeMaría Núñez Pazos
FillosCelio José Manuel Neira 1852

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Galiciana: 33175
Pechar

Traxectoria

Pertencente a unha familia burguesa culta e acomodade, comezou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1837. Pertenceu á Academia Literaria fundada por José María Posada,[3] da que foi primeiro secretario.[4] Colaborou, a partir de 1841, nos periódicos Revista de Galicia, El Recreo Compostelano (que dirixiu) xunto a Antolín Faraldo e La Situación de Galicia co pseudónimo de doctor Malatesta. Fundou e dirixiu El Eco de Galicia.[2]

Estreou na Coruña con éxito o drama La razón de la sinrazón. Trasladouse a Madrid en 1843 e foi redactor de El Tío Vivo (1845), El Imparcial e El Censor de Prensa. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España.[1] Figura en Los españoles pintados por sí mismos (1844) con "El gaitero gallego", ao que describe como un narrador de contos e alcaiote de amores difíciles, animador de misa e romarías, nunca falta en festas patronais, vodas e magosto.[5] Participou no Liceo de la Juventud. Escribiu a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. En 1848 volveu a Galicia. Colaborou no Semanario Pintoresco Español con artigos sobre Galicia que lle serviron de base para as Monografías de Santiago (1850), colección de cadros históricos, políticos, costumistas, de arte, tradicións e lendas.

Foi correspondente da Real Academia da Historia.[6]

Thumb
Retrato a lapis de Antonio José Neira de Mosquera.[7]

Finou de enfermidade aos 31 anos de idade. O concello de Santiago de Compostela dedicoulle o nome dunha rúa.

Obras

  • El día 24 de julio de 1840, 1840.
  • El moribundo, 1841, 16 pp.[8]
  • La marquesa de Camba, 1842.
  • "Infracción periodística", 16/2/1843, 1 p.[9]
  • La Marquesa de Camba y Rodeiro, 1845.
  • Las ferias de Madrid, 1845, 188 p., Madrid: Madoz y Sagasti, colección de artigos.
  • Un ángel caído, 1848.
  • Monografías de Santiago, 1850, 388 pp.[6] Imprenta de la Viuda de Compañel é Hijos.[10]
  • El reinado de las musas, 1851.
Thumb
Album histórico, científico y literario de Galicia, 1883.
Colectivas
Da autoría de Neira inclúe:
  • "El P. M. Fr. Benito Geronimo Feijoo"
  • "El puente Cesures"
  • "Recuerdos de un viaje por Galicia"
  • "Una romería en la Ulla baja"
  • "El Pico-Sagro"
  • "Paso del rio Ulla por San Juan da Cova"
  • "Santuario de los Desamparados en Abades"
  • "O Vota-Fumeiro de la Catedral de Santiago" [12][13][14]
  • "Las torres de Oeste"
  • "Mosaico romano de Lugo"
  • "Sargadelos en 1851"

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.