economista e numismático estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Neil Carothers, nado en Chattanooga, Tennessee, o 19 de setembro de 1884 e finado en Annandale, Virxinia, o 8 de xullo de 1965, foi un economista, profesor universitario e numismático estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1844 Chattanooga, Tennessee. |
Morte | 8 de xullo de 1965 Annandale, Virxinia. |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade Princeton. |
Actividade | |
Ocupación | Economista e numismático. |
Familia | |
Fillos | Neil Carothers |
Premios | |
|
Na súa infancia, a familia de Neil Carothers desprazouse desde a súa Chattanooga natal ata Little Rock, Arcansas.[1][2]
Logo da súa formación universitaria foi profesor adxunto de Economía na Universidade de Arcansas, e en 1916 acadou o seu doutoramento na Universidade Princeton.[1][2]
Cumpriu o seu servizo militar (1917-1919) participando na primeira guerra mundial, primeiro como tenente nas forzas aéreas e logo como capitán.[3] Finalizada a súa etapa militar traballou para a compañía Guarantee Trust Co. (1919-1923).[2]
En 1923 ingresou na Universidade de Lehigh, en Bethlehem, Pensilvania, como profesor de Economía ata 1936 e como decano da Facultade de Administración de Empresas a partir de entón.[3] En 1949 renunciou ao decanato e pasou a ser profesor emérito.[1][2]
Ademais, foi asesor económico do Chicago Daily News e doutros xornais.[1]
Carothers foi un opositor ao New Deal de Roosevelt. Malia ter unha orixe demócrata, participou activamente nas campañas presidenciais republicanas de 1940 e de 1944. Grazas ao seu prestixio como economista nos Estados Unidos, foi elixido vicepresidente do Comité Económico Nacional de Política Monetaria, e en 1952 foi nomeado polas Nacións Unidas asesor para as políticas para a recuperación económica de Corea do Sur.[1][2]
Neil Carothers estivo casado con Eileen Hamilton Carothers, con quen tivo tres fillos: Neil, Hamilton e Stuart Carothers.[1][2][3]
Faleceu o 8 de xullo de 1965 na residencia da terceira idade Sleepy Hollow, de Annandale, Virxinia, aos 81 anos.[1][2][3]
Estes son os principais traballos monográficos publicados por Neil Carothers ao longo da súa traxectoria:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.