deusa dos galaicos From Wikipedia, the free encyclopedia
Navia ou Nabia é unha das deidades luso-galaicas máis testemuñadas, cunha vintena de epígrafes documentando o seu culto nunha área que inclúe a galaicos e lusitanos.
Nabia era a deusa dos ríos e da auga na mitoloxía galaica e lusitana. O ríos Navia e Navea en Galiza, e o río Neiva, preto de Braga (antiga capital da Gallaecia), foron bautizados na súa homenaxe. Navia era especialmente adorada entre os brácaros, tal como é comprobado polas inscricións epigráficas en lingua céltica da Fonte do Ídolo en Braga (Bracara Augusta) e latina de Marecos (Penafiel).
Aínda que a interpretación maioritaria defende un carácter fluvial/acuático para Navia, apoiaría esta interpretación a existencia de hidrónimos modernos como Navia, Navea, ou os antigos Nabalia (Eck, afluente do Rhin), Navaeus (río Naver, en Escocia), Navesbia (actual río Naseby, en Northants) ou Nabarcos (río Neber, en Gran Bretaña). Autores como García-Albalat explicaron o atadallo de Nabia cos ríos a partir da concepción céltica da auga como elemento característico do acceso ao máis aló: desde esta perspectiva, Nabia sería unha divindade soberana facilitadora do acceso ao alén a través da auga. Con todo, interpretacións recentes permiten redefinir a perspectiva tradicional dunha mera divindade fluvial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.