Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Natalie Clifford Barney, nada en Dayton (Ohio) o 31 de outubro de 1876 e finada en París o 2 de febreiro de 1972, foi unha escritora americana en lingua francesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1876 Dayton, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 2 de febreiro de 1972 (95 anos) 1º distrito de París (Francia) |
Lugar de sepultura | cemiterio de Passy |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e literatura |
Ocupación | dramaturga, salonnière, escritora, poetisa, novelista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Dorothy Wilde Renée Vivien Olive Custance Élisabeth de Clermont-Tonnerre |
Parella | Romaine Brooks |
Pais | Albert Clifford Barney e Alice Pike Barney |
Irmáns | Laura Dreyfus Barney |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Nada no seo dunha familia de clase alta de Washington, pasou a súa infancia nunha granxa preto de Cincinnati. Barney chegou a París en 1900, levou un salón literario en París a partir de 1909, por onde pasou case a totalidade da intelectualidade francesa de comezos do século XX. Durante a primeira guerra mundial foi unha das organizadoras dun Congreso de Mulleres Pacifistas. Entre 1940 e 1946 viviu en Florencia.
Abertamente lesbiana, interesouse polos poemas de Safo e tentou recrear unha escola de poetisas como a que Safo tiña en Mitilene. Entre as súas amantes estiveron a poetisa Renee Vivien, a bailarina Liane de Pougy e a pintora Romaine Brooks.
A vida de Barney serviu de inspiración para moitos escritores e aparece retratada en novelas como Idylle saphique de Liane de Pougny, Claudine s'en va de Colette ou L'Ange et les perver de Lucie Delarue Mardrus
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.