moeda de Nixeria From Wikipedia, the free encyclopedia
O naira[1] é a moeda de curso legal de Nixeria. O seu código ISO 4217 é NGN (abreviado co símbolo ₦, que está incluído no Unicode no código punto U+20A6). Cada naira divídese en 100 kobo.
Naira | |
---|---|
Nigerian naira (inglés) | |
Código: | NGN |
Ámbito: | Nixeria |
Símbolo: | ₦ |
Fracción: | 100 kobo |
Moedas: | 50 kobo 1 e 2 naira |
Billetes: | 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500 e 1000 naira |
Emisor: | Banco Central de Nixeria |
Taxa de troco: 27-04-2011 | 1 EUR = 228,384 NGN 1 USD = 154,47 NGN |
O nome da moeda vén dunha alteración do nome do país, Nixeria (en inglés pronunciado [naj'dʒiria]), mentres que o da fracción vén da pronunciación yoruba do inglés copper ("cobre"), material co que se facían os peniques, a antiga moeda fraccionaria.
Aproveitando a decimalización da moeda en 1973, Nixeria substituíu a libra nixeriana (N£) polo naira a razón de 2 ₦ por N£. Foi, xa que logo, o último estado que abandonou o sistema predecimal de xilins e penique.
En inglés, nin a moeda nin a súa fracción non se pluralizan, de xeito que tanto nas moedes como nos billetes empréganse as formas naira e kobo tanto para o singular como para o plural.
Na época da crise enerxética, contra os anos '70 o naira era unha moeda forte a nivel internacional e a súa taxa de troco era de 2 narias por dólar. Mais foi perdendo valor progresivamente ata chegar no 2005 a unha taxa de troco de 130 nairas por dólar. A pesar de todo o naira é aceptado doadamente polos seus países veciños. Está previsto que o naira sexa substituído polo Eco, a futura moeda do oeste africano. En outubro de 2021, o eNaira, a versión dixital da moeda estatal, lanzase oficialmente en Nixeria.
A serie de moedas actualmente en circulación foi acuñada no ano 2006, anteriormente tamén circulaban moedas de 1/2, 1, 5, 10 e 25 kobo (retiradas no 2007), o valor facial encóntrase no reverso xunto ao motivo especificado. Aínda que estas moedas acuñadas no 2006 están destinadas a fomentar o emprego dos cartos en metálico en lugar dos de papel, o obxectivo non foi cumprido, xa que a día de hoxe é estraño atoparse en circulación algunha moeda, a que os prezos están redondeados a unha cifra mínima de 5 Nairas.
Existen billetes en circulación coas denominacións de 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500 e 1.000 nairas. Nos billetes aparece escrito o nome da moeda en caracteres árabes (نايرا), alfabeto co que se escribe tradicionalmente o hausa, unha das linguas oficiais de Nixeria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.