From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo aragonés é unha ideoloxía política que defende que Aragón ten historia, lingua, leis e cultura propios como para ter unha maior autonomía ou incluso un estado independente. Un dos símbolos máis empregados é a estrelada aragonesa, formada polas catro barras de Aragón e unha estrela vermella ó centro.
Os principais partidos nacionalistas son Chunta Aragonesista, Puyalón (abertamente independentistas) e o Partido Aragonés (nacionalismo moderado), aínda que tamén houbo outros como Iniziatiba Aragonesa ou Estado Aragonés.
Dende o comezo do século XVIII, no que Aragón perde definitivamente a súa independencia política, a sensación dunha unidade nacional é considerada de diversos xeitos pola poboación aragonesa, aínda que en ningún intre déixanse de ter claras as características que forman o territorio e o pobo aragonés, froito da continuidade multisecular de Aragón como reino soberán.
Non obstante, non será até o século XX, en 1919, cando o nacionalismo aragonés xorde a partir das primeiras formulacións dun grupo de inmigrantes aragoneses en Barcelona,[1] os cales organizáronse arredor da Unión Aragonesista, a agrupación da Xuventude Aragonesista de Cataluña e a revista El Ebro. Esta última foi a principal referencia histórica onde se expuxo o primeiro discurso aragonesista, liderado por Gaspar Torrente e por Julio Calvo Alfaro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.