Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A NEIL1 (ou ADN glicosilase similar a Nei 1) é un encima que en humanos está codificado no xene NEIL1 do cromosoma 15.[1][2]
PDB 1tdh | |
NEIL1 | |
Identificadores | |
Símbolo | NEIL1 |
Símbolos alt. | FPG1, NEI1, hFPG1, nei like DNA glycosylase 1 |
Entrez | 79661 |
RefSeq | NP_001243481.1 |
UniProt | Q96FI4 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 15 :(75.35 – 75.36 Mb) |
A proteína NEIL1 pertence a unha clase de ADN glicosilases homólogas á familia da Fpg/Nei bacteriana. Estas glicosilases inician o primeiro paso da reparación por escisión de bases ao clivaren bases danadas por especies reactivas do oxíxeno e introducir unha rotura na febra de ADN por medio da reacción de liase asociada.[2]
NEIL1 recoñece e elimina certas bases danadas polas especies reactivas do oxíxeno e despois corta o sitio abásico por eliminación β,δ, deixando extremos 3′ e 5′-fosfato. NEIL1 recoñece pirimidinas oxidadas, formamidopirimidinas, residuos de timina oxidados no grupo metilo, e ambos os isómeros da timina glicol.[3] Os mellores substratos para a NEIL1 humana parecen ser as lesións de hidantoína, guanidinohidantoína, e espiroiminodihidantoína, que son produtos de ulterior oxidación da 8-oxoG. NEIL1 ten tamén a capacidade de eliminar lesións de ADNs monocatenarios de estruturas do ADN con forma de burbulla ou bifurcadas. Como a expresión de NEIL1 é dependente do ciclo celular, e como actúa en estruturas do ADN bifurcadas e interacciona con PCNA e FEN-1, propúxose que NEIL1 funciona na reparación do ADN asociada á replicación.
NEIL1 é un dos xenes de reparación do ADN que con máis frecuecia están hipermetilados no carcinoma de células ecamosas de cabeza e pescozo.[4] Ao avaliar 160 xenes humanos de reparación do ADN para a metilación anormal no mencionado carcinoma, o 62% dos tumores estaban hipermetilados na rexión promotora de NEIL1, causando que o ARN mensaxeiro e a proteína NEIL1 queden reprimidas. Ao avaliar 8 xenes de reparación do ADN en tumores de cancro de pulmón de células non pequenas,[5] o 42% deles estaban hipermetilados na rexión promotora de NEIL1. Esta era a deficiencia na reparación do ADN máis frecuente que se atopou entre os 8 xenes de reparación examinados. NEIL1 é tamén un dos seis xenes de reparación do ADN hipermetilados na súa rexión promotora en mostras de cancro colorrectal.[6]
Aínda que outros xenes de reparación do ADN como MGMT e MLH1 son a miíudo avaliados para comprobar a súa represión epixenética en moitos tipos de cancro,[7] a deficiencia de NEIL1 non se adoita a avaliar, pero pero podería ser tamén importante en cancros.
Os danos no ADN parecen ser a causa primaria subxacente do cancro.[7][8] Se a reparación do ADN é deficiente, os danos no ADN tenden a acumularse. Ese exceso de danos pode incrementar os erros mutacionais durante a replicación do ADN debido á síntese translesión tendente ao erro. O exceso de danos no ADN pode tamén incrementar as alteracións epixenéticas debido a erros durante a reparación do ADN.[9][10] Esas mutacións e alteracións epixenéticas poden dar lugar a un cancro.
No cancro e colon as mutacións na liña xerminal en xenes de reparación do ADN causan só do 2 ao 5% dos casos.[11] Porén, a metilación da rexión promotora de xenes de reparación do ADN (incluíndo NEIL1[6]) está frecuentemente asociada con cancros de colon e pode ser un importante factor causal neses cancros.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.