A proteína protooncoxénica N-myc tamén coñecida como N-Myc ou proteína 37 de hélice básica-bucle-hélice (bHLHe37), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene MYCN do cromosoma 2.

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
MYCN
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímbolosMYCN (HGNC: 7559) MYCN, MODED, N-myc, NMYC, ODED, bHLHe37, homólogo derivado do neuroblastoma do oncoxene v-myc da mielocitomatose viral aviaria, protooncoxene MYCN, factor de transcrición bHLH, MYCNsORF, MYCNsPEP
Identificadores
externos
LocusCr. 2 p24.3
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
4613 18109
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P04198 P03966
RefSeq
(ARNm)
NM_005378 NM_008709
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001280157 NP_032735
Localización (UCSC)
Cr. 2:
15.94 – 15.95 Mb
Cr. 12:
12.99 – 15.95 Mb
PubMed (Busca)
4613


18109
Pechar

Función

O xene MYCN é membro da familia Myc de factores de transcrición e codifica unha proteína cun dominio de hélice básica-bucle-hélice ou bHLH. Esta proteína está localizada no núcleo celular e debe dimerizarse con outra proteína bHLH para poder unirse ao ADN.[1] N-Myc exprésase fortemente no cerebro fetal e é crítica para o desenvolvemento normal do cerebro.[2]

O xene MYCN ten un ARN antisentido, N-cym ou MYCNOS, transcrito da febra oposta que se pode traducir para formar un produto proteico.[3] N-Myc e MYCNOS son corregulados tanto no desenvolvemento normal coma en células tumorais, así que é posible que os dous transcritos estean funcionalmente relacionados.[4] O ARN antisentido codifica unha proteína, chamada NCYM, que se orixinou de novo e é específico de humanos e chimpancés. Esta proteína inhibe GSK3b e así impide a degradación de MYCN. Os ratos transxénicos que levan o par MYCN/NCYM humano a miúdo mostran neuroblastomas con metástases distantes, que son atípicos en ratos normais. Así a NCYM representa un raro exemplo dun xene de novo que adquiriu unha función molecular e exerce un papel importante na oncoxénese.[5]

Importancia clínica

A amplificación e sobreexpresión de N-Myc pode conducir á tumoroxénese. O exceso de N-Myc está asociado cunha variedade de tumores, principalmente neuroblastomas nos que os pacientes con amplificación do xene N-Myc adoitan ter un mal resultdo final.[6][7][8] MYCN pode tamén activarse en neuroblastomas e outros cancros por mutacións somáticas.[9] Perfís de H3K27ac en todo o xenoma recentes en mostras de neuroblastoma (NB) derivadas de pacientes revelaron catro subtipos epixenéticos impulsados por superamplificadores (SE, super enhancers), caracterizados polas súas redes regulatorias mestras propias e específicas. Tres deles noméanse por grupos clínicos coñecidos: neuroblastomas con MYCN amplificado, de alto risco con MYCN non amplificado e de baixo risco con MYCN non amplificado, mentres que os catro mostran características celulares que se parecen a precursores de célula de Schwann multipotentes. O xene da ciclina CCND1 era regulado por superamplificadores distintos e compartidos nos diferentes subtipos, e, o que é máis importante, algúns tumores mostraban sinais que pertencen a sinaturas epixenéticas múltiples, o que suxire que a paisaxe epixenética probablemente contribúe á heteroxeneidade intratumoral.[10]

Interaccións

N-Myc presenta interaccións con MAX.[11][12]

N-Myc é tamén estabilizado pola quinase aurora A que o protexe da degradación.[13] Están desenvolvéndose fármacos que teñen como diana esta interacción e están deseñados para cambiar a conformación de aurora A. O cambio conformacional en aurora A causa a liberación de N-Myc, a cal é despois degradada de maneira dependente da ubiquitina.[14]

MYCN é independente da interacción MYCN/MAX e tamén un corregulador transcricional de p53 no neuroblastoma con MYCN amplificado.[Cómpre referencia] MYCN altera a transcrición de xenes diana de p53 que regulan as repostas de apoptose e reparación de danos no ADN no ciclo celular. Esta interacción MYCN-p53 realízase pola unión exclusiva de MYCN aos dominios C-terminais da p53 tetramérica. Como unha modificación postranscricional, a unión de MYCN aos dominios C-terminais da p53 tetramérica afecta a selectividade do promotor de p53 e interfire na unión doutros cofactores nesta rexión.[15]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.