From Wikipedia, the free encyclopedia
A nácara[1] ou nácar[2] é unha substancia orgánica e inorgánica, xa consolidada, dura, branca arxentina, rechamante e con reflexos irisados ou iridescentes. Forma a capa interna da casca de moitos moluscos, razón pola que varias destas especies o segregan de xeito considerable para reparar as súas cascas danadas ou para cubrir determinados obxectos dentro deles, mecanismo que é empregado polos apañadores de perlas, para colocar en determinados moluscos pezas no interior que saben cubrirán co nácar, converténdoos en perlas ou outros obxectos valiosos nacarados.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
As cunchas que proporcionan o máis fermoso nácar son as haliótidas, os nautilus, as ostras entre outras. O nácar emprégase en obras de marquetería, ebanistaría fina, xoiaría e para adornar abanos, botóns, fichas etc.
O nácar está composto por plaquetas hexagonais de aragonita (carbonato de calcio (CACO3) cristalizado), de 10-20 µm de amplitude e 0,5 µm grosor, estruturados en continuas láminas paralelas. Estas estratificaciones do nácar atópanse separadas e compactadas por seccións dunha mátriz orgánica composta de biopolímeros elásticos de conquiolina (como tamén o son as proteínas da quitina, lustrina ou a seda).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.