filme de 1942 dirixido por William Wyler From Wikipedia, the free encyclopedia
Mrs. Miniver é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1942. Está protagonizado por Greer Garson e Walter Pidgeon. Inspirouse na novela de 1940 Mrs. Miniver de Jan Struther,[3] e amosa de que xeito a vida dunha muller da Inglaterra rural é afectada pola segunda guerra mundial.
Mrs. Miniver | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mrs. Miniver |
Director | William Wyler |
Produtor | Sidney Franklin |
Guión | Arthur Wimperis George Froeschel James Hilton Claudine West |
Baseado en | Mrs. Miniver libro de Jan Struther |
Intérpretes | Greer Garson Walter Pidgeon |
Música | Herbert Stothart Daniele Amfitheatrof |
Fotografía | Joseph Ruttenberg |
Montaxe | Harold F. Kress |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 4 de xuño de 1942 |
Duración | 133 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $1 340 000[2] |
Recadación | $8 878 000[2] |
Na rede | |
Producida e distribuída por Metro-Goldwyn-Mayer, conta cun nutrido grupo de actores secundarios entre os que se inclúen a Teresa Wright, Dame May Whitty, Reginald Owen, Henry Travers, Richard Ney e Henry Wilcoxon.[4]
Mrs. Miniver gañou seis Premios Oscar, incluíndo mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actriz (Greer Garson) e mellor actriz secundaria (Teresa Wright).[5][6] En 1950, estreouse a secuela The Miniver Story con Greer Garson e Walter Pidgeon nos seus respectivos papeis.[4]
En 2006, o filme foi clasificado no número 40 da lista do American Film Institute, como un dos máis inspiradores filmes de tódolos tempos. En 2009, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente" significativo.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.