From Wikipedia, the free encyclopedia
O nervio motor ocular externo ou nervio abducente[1] é o sexto dos doce pares craniais. Encárgase de innervar o músculo recto lateral do ollo, que se encarga de mover o ollo cara a fóra.
Nervio abducens | |
---|---|
Percorrido do nervio abducens | |
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais en inglés. | |
Gray: | subject #201 899 |
Proveniente de: | abducens nucleus |
MeSH | Abducens+Nerve |
Nervios craniais |
---|
CN I - Olfactorio |
CN II - Óptico |
CN III - Oculomotor |
CN IV - Troclear |
CN V - Trixémino |
CN VI - Abducente |
CN VII - Facial |
CN VIII - Vestíbulococlear |
CN IX - Glosofarínxeo |
CN X - Vago |
CN XI - Accesorio |
CN XII - Hipogloso |
Atópase no núcleo abducens, que se atopa por debaixo da ponte de Varolio.
Xorde por debaixo da ponte de Varolio e pasa por fóra da pirámide bulbar. Pode pasar por diante ou por detrás da arteria cerebelosa anteroinferior. Fura a duramadre do espazo cranial posterior, pasa xunto ós seos petrosos superior e inferior, atravesa o seo venoso cavernoso e xunto coa arteria carótide interna percorre a fendidura esfenoidal ata a órbita. Unha vez nela pasa por dentro do anel de Zinn e chega á parede externa da cavidade ocular, pegándose ó músculo recto externo.
Move o músculo recto externo ou lateral do ollo. É puramente motor.
Lesións no nervio producen parálise do músculo recto externo, polo que o ollo non é quen de ir cara a fóra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.