Mosteiro de San Paio de Abeleda
mosteiro en San Paio de Abeleda, Castro Caldelas From Wikipedia, the free encyclopedia
mosteiro en San Paio de Abeleda, Castro Caldelas From Wikipedia, the free encyclopedia
O mosteiro de San Paio de Abeleda son os vestixios dun mosteiro medieval construído no século XII na parroquia de San Paio de Abeleda, no concello de Castro Caldelas.[1]
Mosteiro de San Paio de Abeleda | |
---|---|
Vista do mosteiro | |
País | España |
Localización | San Paio de Abeleda (Castro Caldelas) |
Coordenadas | 42°23′22″N 7°26′55″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na actualidade atópase en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos máis influentes da provincia, e coa reforma monástica pasou a converterse en abadía ata que a finais do século XIX, trala desamortización, os Duques de Alba apoderáronse dos bens do mosteiro.
A igrexa, construída en estilo románico do século XII (con reformas posteriores) é de planta de cruz latina. Componse dunha soa nave con tres corpos, separados cada un deles cun arco de medio punto con arquivoltas adornadas de impostas axadrezadas e capiteis con flores e quimeras. O retablo maior é do século XVII. A igrexa foi obxecto dunha profunda reforma no século XIV, conservándose da fábrica románica unha porta dos séculos XIII-XIV.
A fachada do claustro conventual é de estilo gótico e presenta un arco oxival con decoración de cuadrifolios.
No ano 2005, foi vítima do espolio de varios retablos barrocos e neoclásicos, e algunha columna do antigo claustro conventual.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.