Montes Pónticos

montañas turcas From Wikipedia, the free encyclopedia

Montes Pónticosmap

Os montes Pónticos ou Alpes Pónticos (en turco: Kuzey Anadolu Dağları, que significa Montes de Anatolia do Norte) forman unha cordilleira no norte de Anatolia, Turquía. Son coñecidos como Montes Parhar nas linguas locais turca e grego póntico. O vocábulo Parhar procede dunha palabra hitita que significa "alto" ou "cumio".[1] En grego antigo os montes coñecíanse como os Paryadres[2] ou montañas Parihedri.[3]

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Montes Pónticos
Thumb
Tipocordilleira
Parte decinturón alpino
Localización
ContinenteAsia
División administrativaTurquía
Thumb
 40°50′13″N 41°09′34″L
Características
Altitude3.937 m
Dimensións60 () × 1.000 () km
Punto máis altoKaçkar Dağı (pt)  (3.932 m )
Pechar

Xeografía

Thumb
Vista panorámica dos montes Pónticos en 2007

O cordal vai de leste a oeste, paralelo á próxima costa do mar Negro. Esténdese polo nordés ata Xeorxia e polo oeste ata o mar de Mármara, co contraforte ao noroeste dos montes Küre (e a súa extensión occidental, os montes Akçakoca) e dos montes Bolu, seguindo a costa. O pico máis alto da cordilleira é o Kaçkar Dağı, que alcanza os 3937 m. As fallas de Anatolia Norte e de Anatolia Nordés, de leste a oeste, corren ao longo do cordal.

Ecoloxía

Os montes están en xeral cubertos por bosques densos, predominantemente de confíeras. Estes bosques forman unha ecorrexión que cobre a maioría da cordilleira, mentres que os bosques mixtos do Cáucaso se estenden pola parte máis oriental do cordal, coñecido como montes Kaçkar. A rexión é o fogar de moita fauna eurasiática como o gabián eurasiático, a aguia real, a Aquila heliaca, a aguia pomerana, o Lyrurus mlokosiewiczi, o Serinus pusillus e o gabeador vermello.[4] A estreita faixa costeira entre os montes e o mar Negro, coñecida como Ponto é o fogar dos bosques de frondosas de Ponto Euxido-Cólquida que contén algúns dos poucos bosques temperados húmidos do mundo. A meseta de Anatolia, ao sur do cordal, ten un clima continental considerabelmente máis seco que a húmida costa.[5]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.