Remove ads
parroquia civil do concello de Castroverde From Wikipedia, the free encyclopedia
San Cibrao de Montecubeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 261 habitantes (133 homes e 128 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 294 habitantes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Montecubeiro | |
---|---|
Praza parroquial. | |
Concello | Castroverde[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°05′09″N 7°19′37″O |
Poboación | 201 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 37[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na parroquia consérvanse restos de tres poboados castrexos: o castro da Graña, o de Meixide e o de Sarceda.
Ao redor do ano 774 (probablemente entre 774 e 783) tivo lugar a batalla de Montecubeiro, na que as tropas do rei Silo derrotaron ós rebeldes galegos que se alzaran contra a dominación ástur.[Cómpre referencia]
Na idade media construíuse o mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro. Segundo o catastro do ano 1752 a freguesía chamábase Couto de San Cibrao de Montecubeiro, e compoñíase de 150 casas habitábeis, unha delas servía de cárcere. Nesa época había unha taberna, dous tendeiros de panos, doce arrieiros, un carpinteiro, tres albaneis, dous ferreiros, vinte e oito tecedoras, cinco xastres e seis zapateiros. A parroquia tivo xurisdición propia, na que se incluía Mirandela.
En marzo do ano 1890 afectou á toda a parroquia [2] e ás da rodeada unha epidemia, posiblemente de gripe. No 1891 a composición "A véspera de San Xoán de Montecubeiro" foi rexistrada nun certame literario [3] na cidade de Lugo e laureada cun accésit de honor. O autor, Luís González López vivira en Montecubeiro.
No século XIX e XX Montecubeiro foi concello de seu, unido despois ao concello de Castroverde. No ano 1931 constituíuse a Unión de Labradores de Montecubeiro.
Entre o seu patrimonio, amais dos restos castrexos e a igrexa parroquial, destaca a capela de Santadrao.
Lugares da parroquia de Montecubeiro no concello de Castroverde (Lugo) | |
---|---|
O Albaredo | O Barreiro | Bascuas | Berlán | A Cabanela | As Cabozas | O Campo | Castelo | Cepomundín | A Cernada | Cubula | O Escouredo | O Fato | Foxos | A Graña | O Gruñedo | Insua | A Laxe | Maceda | Maxide | O Pereiro | O Podriqueiro | O Pombal | Pumarín | Sagaruxe | San Cibrao | Santadrao | Sarceda | Soutullo | Teixeda | A Valiña | A Veiga | Verducedo | Vilar | Os Vilares | Vilarín | O Vitureiro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.