Mislata
municipio da Comunidade Valenciana From Wikipedia, the free encyclopedia
Mislata é un municipio da Comunidade Valenciana. Está situado na área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 43.740 habitantes (INE 2008).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Capital | Mislata | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 46.153 (2024) (21.977,62 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Valenciano (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2,1 km² | ||||
Altitude | 29 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Virxe dos Anxos | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Carlos Fernández Bielsa (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46920 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46169 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46169 | ||||
Sitio web | mislata.es | ||||
Xeografía
Mislata está situado na marxe dereita do río Turia. O relevo do chan non presenta ningún accidente xeográfico que destaque sobre o terreo chan, formado por aluvións cuaternarios de natureza arxilosa. Tampouco o leito do río Turia é moi fondo. A poboación está situada en terreo chan. O seu núcleo antigo constitúeo un acervo de estreitas e tortuosos canellas, principalmente na parte que foi mouraría, poboado que quedou incorporado plenamente no século XVIII.
Limita cos municipios de Quart de Poblet, Xirivella e Valencia.
Demografía
Nos últimos anos, lonxe de parecerse a aquela vila da horta valenciana que foi nun pasado non moi afastado, Mislata foi evolucionando ata o punto de converterse nun dos municipios con máis densidade de poboación de Europa. Cando se execute o vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, Mislata terá urbanizado todo o termo municipal, aínda que as perspectivas actuais son que isto aínda tardará uns anos. O exceso de urbanización transformou a Mislata nunha cidade pouco habitábel.
A data de 2007, conta cunha poboación de 43.336 habitantes. Con 21.050 habitantes por quilómetro cadrado a densidade de poboación de Mislata desborda a do resto das poboacións españolas e pode asemellarse á de París (24.783), acrecentando a que Shanghai ou Toquio acadaron. Nin que dicir ten que é netamente superior á das principais cidades do País Valenciano, por exemplo Valencia chega aproximadamente aos 6.000 habitantes por quilómetro cadrado.


A poboación mislateira que naceu fóra do municipio supera amplamente o 70 %, ademais dos nacidos noutras comarcas de Valencia hai unha numerosa presenza de andaluces, castelán-manchegos e aragoneses. Lonxe están os 724 habitantes citados no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz en 1848[2]. Ultimamente multiplicouse a presenza de mislateiros de orixe comunitaria e extracomunitaria. Son especialmente significativas a comunidades de colombianos, armenios e paquistanís. Estes datos están postos en cuestión pois, segundo outras fontes en Mislata, existen máis de 50.000 cartillas sanitarias o que evidencia o desfase entre a estatística oficial e a realidade.[3]. Porén, xa se observa o esgotamento do incremento de poboación, a pesar das novas construcións. A falta de espazo nas rúas e a saturación dos servizos públicos fai que moitos habitantes consideren a posibilidade de fixar a súa residencia noutras localidades próximas, sen este gran problema de superpoboación.
Economía
Nos seus campos, regados con auga do Turia a través da Quenlla de Mislata e a Quenlla de Favara, producíanse unha gran variedade de hortalizas destinadas ao consumo diario, tales como patacas, chícharos, tomates etc. que eran absorbidas polos mercados próximos. Hoxe en día a actividade agrícola é residual debido ao gran crecemento demográfico que privou a esta localidade da práctica totalidade dos seus campos de cultivo.
O sector terciario é o que predomina na actividade económica, fundamentalmente comercios e servizos destinados a unha gran poboación que maioritariamente traballa fóra do municipio, na capital ou no cinto industrial de Valencia.
O sector secundario desapareceu practicamente do pobo, xa que trasladáronse as industrias cara ao polígono industrial situado nos arredores do cemiterio, aínda que cabe destacar a presenza da importante papeleira da S.A. Payá Miralles no C/ Sant Antoni, pertencente ao grupo catalán Miquel e Costas & Miquel S.A. A súa actividade principal é a produción de papel de fumar, cuxa presenza dentro do casco urbano da cidade foi denunciada repetidamente por numerosas organizacións sociais e políticas da localidade, aínda que a fábrica continúa a súa actividade normal e na actualidade está remodelando as súas instalacións.
A construción, sector de grande actividade económica nas últimas décadas, perdeu o vigor dado o esgotamento do termo municipal. Quedan pendentes de construír só o PAI do Quint (sobre as últimas hortas desa partida) e as proxectadas torres de 25 plantas na marxinal do Plan Sur.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.