Misericordia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A misericordia é un sentimento e unha actitude bondadosa de compaixón cara a outra persoa, xeralmente do ofendido cara ao ofensor ou dende o máis afortunado cara ao máis necesitado, que leva a perdoar o que cometeu algunha falta ou ofensa, ou ao que foi vencido, ou a non abusar do máis débil.[1]

Misericordia no cristianismo
No cristianismo, é un dos principais atributos divinos.[2] Cando os fariseos mostraron unha actitude inmisericorde cara a outros, Xesús reprendeunos, dicindo: ‘Quero misericordia, e non sacrificio’.[3][4]
Etimoloxía
A súa etimoloxía, do latín misere ('miseria', 'infelicidade', 'necesidade'), cor, cordis ('corazón') e ia ('cara aos demais'); significa ter un corazón solidario con aqueles que teñen necesidade.[5]
Outros termos
A palabra "conmiseración" comparte a raíz latina misere, e é un sentimento de compaixón polo sufrimento e as desgrazas alleas.[6][7]
A palabra hebrea ra·jamím deriva do verbo ra·ham e defínese como “sentir ou irradiar afecto; ser compasivo".[8] A palabra grega é·le·os (verbo, e·le·é·ō) está relacionado coa palabra para “matriz”, relativo ás entrañas ou ser entrañable e ambas foron traducidas como misericordia.
Notas
- "misericordia". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-06.
- "Catecismo de la Iglesia Católica, Tercera parte, Segunda sección, capítulo segundo, artículo 7, 2401-2463". www.vatican.va (en castelán). Consultado o 2024-08-06.
- "Mateo :: A Biblia Galega". www.abibliagalega.com. Consultado o 2024-08-06.
- Catholic encyclopedia: Corporal and Spiritual Works of Mercy.
- "MISERICORDIA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-06.
- "conmiseración". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-06.
- "CONMISERACIÓN, radicación". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-06.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.