Mira Murati nada en Albania ou en San Francisco en 1985[1] ou, segundo outras fontes en 1988,[2] é unha desenvolvedora de software albanesa radicada nos Estados Unidos. Como CTO (Chief Technology Officer) de OpenAI, está implicada no desenvolvemento de DALL-E. [3] The Times cítaa como "a creadora de ChatGPT".[4][5] Murati uniuse a OpenAI en 2018, exercendo como CTO da compañía e, desde novembro de 2023, asumiu como a CEO interina de OpenAI, substituíndo a Sam Altman que foi despedido por non ter o consello confianza na súa capacidade de comunicarse co mesmo.[6] Foi substituída aos dous días por Emmett Shear.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Infotaula de personaMira Murati
Nome orixinal(sq) Ermira Murati
(en) Mira Murati Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Vlorë, Albania Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlbania Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo albanés Editar o valor en Wikidata
EducaciónThayer School of Engineering (en) Traducir - Bachelor of Engineering (en) Traducir (–2012)
Dartmouth College
Colégios do Mundo Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de tecnoloxía Editar o valor en Wikidata
EmpregadorOpenAI (2018–)
Leap Motion (en) Traducir (2016–)
Tesla, Inc. (2013–)
Zodiac Aerospace (United States) (en) Traducir
Goldman Sachs (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua albanesa, lingua inglesa e lingua italiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Twitter: miramurati LinkedIn: mira-murati-4b39a066 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Mira Murati licenciouse en Enxeñaría Mecánica polo Dartmouth College, tras o cal realizou unhas prácticas de verán como analista en Goldman Sachs.[7] Despois, en 2012, traballou como enxeñeira na empresa aeroespacial francesa Zodiac Aerospace.[8] Máis tarde foi nomeada xefa de produto en Tesla para o seu vehículo Model X. Despois traballou como vicepresidenta de Produto e Enxeñaría en Leap Motion, unha empresa de software e hardware que fabrica controladores que permiten aos usuarios manipular obxectos dixitais cos movementos das súas mans cando están conectados a un ordenador. En Leap Motion tamén lanzou un novo software deseñado para o seguimento manual en realidade virtual.[9]

En 2023 como CTO de OpenAI foi a creadora de ChatGPT [10] e dunha Intelixencia Artificial (IA) que xera obras de arte a partir de pautas dadas.[4] En 2022 lanzouse previamente ChatGPT, un robot adestrado para manter conversas e escribir textos.[10] Mira Murati considera que ChatGPT é unha oportunidade para a educación, aínda que hai que establecer normas e límites no seu uso diario.[11][12] Considera que deben ser os gobernos os que regulen o uso da Intelixencia Artificial e non as empresas e que os filósofos, humanistas, artistas e científicos sociais teñen que participar na reflexión colectiva sobre este tema.[13]

De feito, afirma que as implicacións éticas desta tecnoloxía están tan presentes no seu equipo, que parte dos seus colaboradores son filósofos e sociólogos que non deixan de cuestionar as consecuencias sociais para adiantarse e axudar aos usuarios a evitar resultados indesexados.[14]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.