O Ministerio de Defensa de España é o departamento da Administración Xeral do Estado responsable da preparación, o desenvolvemento e a execución da política de defensa determinada polo Goberno de España, e de xestionar a Administración militar. Baixo a dirección do titular deste departamento atópanse as Forzas Armadas de España, coas súas tres compoñentes: o Exército de Terra, o de Aire e a Armada.
A ministra de Defensa é Margarita Robles.
Funcións
Segundo a Constitución Española de 1978 o Rei é o comandante en Xefe de todos os exércitos e o que pode declarar a guerra e facer a paz previa autorización do Congreso dos deputados, sendo este acto debidamente referendado polo presidente do goberno; pero correspóndelle ao poder civil representado polo Ministro de Defensa determinar:
- As políticas de defensa.
- As grandes alianzas militares.
- A condución da guerra.
- A xestión das cantidades destinadas polos Orzamentos Xerais do Estado.
No Congreso dos Deputados o Ministro de Defensa séntase ao carón do vicepresidente do Goberno por ser considerado o herdeiro do ministerio español máis antigo.
Estrutura orgánica
Órganos superiores
Os órganos superiores do Ministerio de Defensa de España, dependentes directamente do ministro son[1]:
- Secretaría de Estado de Defensa
- Subsecretaría de Defensa
- Secretaría Xeral de Política de Defensa (con rango de Subsecretaría)
- Forzas Armadas
Estrutura orgánica básica
A estrutura orgánica básica[1]: é:
- Ministra de Defensa: Margarita Robles
- Gabinete Técnico do Ministro de Defensa
- Órganos asesores e consultivos do Ministro de Defensa:
- Consello Superior do Exército de Terra
- Consello Superior da Armada
- Consello Superior do Exército do Aire
- Xuntas Superiores dos corpos comúns das Forzas Armadas
- Consello de Dirección do Ministerio
- Garda Civil: José Manuel Holgado Merino.
- Secretaría de Estado de Defensa: Ángel Olivares
- Dirección Xeral de Armamento e Material
- Dirección Xeral de Infraestrutura
- Dirección Xeral de Asuntos Económicos
- Subsecretario de Defensa: Irene Domínguez-Alcahud
- Secretaría Xeral Técnica
- Dirección Xeral de Persoal
- Dirección Xeral de Recrutamento e Ensino Militar
- Secretaría Xeral de Política de Defensa (con rango de subsecretaría): Juan Francisco Martínez Núñez
- Dirección Xeral de Política de Defensa
- Forzas Armadas
- Exército de Terra
- Armada
- Exército do Aire
- Estado Maior da Defensa: Fernando Alejandre Martínez.[2]
Lista cronolóxica dos Ministros de Defensa de España
- Artigo principal: lista de ministros de Defensa de España.
- (1977 - 1979): Manuel Gutiérrez Mellado (militar)
- (1979 - 1981): Agustín Rodríguez Sahagún (UCD)
- (1981 - 1982): Alberto Oliart (UCD)
- (1982 - 1991): Narcís Serra (PSOE)
- (1991 - 1995): Julián García Vargas (PSOE)
- (1995 - 1996): Gustavo Suárez Pertierra (PSOE)
- (1996 - 2000): Eduardo Serra (independente, nun goberno do PP)
- (2000 - 2004): Federico Trillo (PP)
- (2004 - 2006): José Bono (PSOE)
- (2006 - 2008): José Antonio Alonso Suárez (PSOE)
- (2008 - 2011): Carme Chacón (PSOE)
- (2011 - 2016): Pedro Morenés (independente, nun goberno do PP)
- (2016 - 2018): María Dolores de Cospedal (PP)
- (Desde 2018): Margarita Robles (independente, nun goberno do PSOE)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.